Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Mocidade Cabaqueira desprazarase ata Muíños (Ourense)

Este fin de semana, concretamente os días 3, 4 e 5 de setembro desprazaranse ata Muíños (Ourense) un grupo de preto de 50 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, na súa maioría compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal

Este fin de semana, concretamente os días 3, 4 e 5 de setembro desprazaranse ata Muíños (Ourense) un grupo de preto de 50 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, na súa maioría compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Septiembre de 2021

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

O grupo informal "Mocidade Cabaqueira" formado por cinco mozos/as dos Concellos do Rosal e A Guarda, decidiron presentar, o abeiro das axudas enmarcadas dentro do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social, un proxecto que se desarrollaría na Baixa Limia e Serra do Xurés que denominaron "Música, natureza e patrimonio"

Unha vez recibida a notificación da concesión da subvención comezaron as xestións organizativas. Este fin de semana, concretamente os días 3, 4 e 5 de setembro desprazaranse ata Muíños (Ourense) un grupo de preto de 50 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, na súa maioría compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal para realizar diversas actividades.

Durante a súa estancia combinarán actividades na natureza como andainas e paseos para coñecer o espazo natural, visitas a monumentos e outros centros de interese, así como a práctica de deportes acuáticos e actividades musicais consistentes en ensaios e na realización dun concerto que será ofrecido a toda a poboación de Lobios de xeito totalmente gratuíto. O concerto terá lugar o sábado 4 de setembro ás 20:00 h. na Praza Vermella de Lobios.


Estas actividades queren proporcionar ós membros máis novos da banda de música Agrupación Musical do Rosal a posibilidade de coñecer un espazo senlleiro do país como medio para ampliar os seus horizontes persoais e conciencialos sobre a necesidade de manter o noso patrimonio cultural e histórico. Permitiralles compaxinar a súa afección pola música co coñecemento dunha realidade moi diferente da que lles é cotiá. Este proxecto deberá contribuír a reforzar a súa formación integral como persoas, e tamén a unha sensibilización coa natureza fomentando a conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, que sin duda redundará nunha meirande capacidade na maduración como músicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí