Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MOTU MAEVA E LIAHONA, PREMIOS PLAY-DOC 2015

Motu Maeva de Maureen Fazendeiro leva o galardón internacional, consistente nun trofeo de pedra deseñado polo escultor Juan Vázquez e 2.000 euros

Motu Maeva de Maureen Fazendeiro leva o galardón internacional, consistente nun trofeo de pedra deseñado polo escultor Juan Vázquez e 2.000 euros

Fecha: 27 de Abril de 2015

Fuente: Play-Doc Tui

Play-Doc Festival Internacional de Documentais pechou o Domingo a súa undécima edición. Como cada ano, dá a coñecer a noite do sábado os seus gañadores. Nesta ocasión, ao premio do xurado internacional súmase o de CAMIRA (Cinema and Moving Image Research Assembly), prestixiosa asociación internacional de críticos cinematográficos. O galardón da competición internacional consiste nunha pequena peza escultórica de pedra tallada polo artista Juan Vázquez, cunha dotación de 2.000 euros. CAMIRA entrega un diploma en mostra do seu recoñecemento ao filme elixido, sen dotación económica.
 
O xurado internacional, composto por José Luis Cienfuegos (director do Sevilla Festival de Cine Europeo), Cíntia Gil (directora de Doclisboa) e Gabe Klinger (crítico, programador e cineasta) decidiu outorgar o premio a Motu Maeva de Maureen Fazandeiro; "polo xeito en que consegue transportar ao espectador a través dunha linguaxe persoal e íntima, mais ao tempo vibrante e expansiva en relación á Historia".
 
Os críticos de CAMIRA Pamela Cohn (Senses of Cinema), Toni D'Angela (La furia umana) e Clara Martínez Malagelada (Sala 1) optaron por ofrecer o seu galardón a Liahona de Talena Sanders. Argumentan que "o xurado CAMIRA atopou na película de Talena Sanders unha ollada fresca e inspiradora, contada cunha voz artística e comprometida". Particularmente, impresionoulles "o uso exquisito da montaxe, e a forma na que unha historia persoal se articula coa magnitude da paisaxe e a Historia". Engaden: "Desexamos poder seguir vendo novos traballos de Talena Sanders".
 
A proxección do último filme de Albert Maysles é a homenaxe do festival ao recentemente falecido cineasta, referencia mundial do cinema directo, retrospectiva de Play-Doc en 2013.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones