Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MOUGÁS ACOLLE ESTE SÁBADO A 2ª FESTA DA CERVEXA DA CABECIÑA

Varias actividades programadas para o Sábado 7 de Maio en Mougás - Oia

Varias actividades programadas para o Sábado 7 de Maio en Mougás - Oia

Fecha: 07 de Mayo de 2016

Fuente: Costa dos Castros

Que, onde, cando, como?

A Festa da Cervexa da Cabeciña é un evento popular para pasar un día desfrutando da cervexa artesá no entorno do castro da Cabeciña (Mougás, Oia). Celébrase o sábado 7 de maio dende as 12:00 do mediodía ata as 19:00 horas. Tamén haberá postos de comida, música e actividades ao longo da xornada.

Na primeira edición celebrada o ano pasado, os asistentes degustaron cinco cervexas elaboradas por Trisk-Ale expresamente para a Festa. Ao final da xornada votaron a súa favorita, que agora se comercializa co nome do castro. Desta volta, Trisk-Ale tirará cañas da cervexa gañadora e ademais presentará unha nova cervexa que de seguro gustará tanto como A Cabeciña!

Programación
  • Concurso de disfraces castrexos. Vente disfrazado á Festa da Cervexa! Haberá premio ao mellor disfrace de nenos e adultos.
  • Obradoiro para nenos: construción dunha cabana castrexa con Elena Cerviño
  • Demostración da fabricación dun machado da Idade de Bronce con Diego Torres e Benito Vilas
  • Ao longo da xornada haberá actuacións de grupos de gaitas da zona
  • Tamén haberá varias visitas guiadas ao castro e petróglifos da Cabeciña
  • Cervexa artesá de Trisk-Ale, postos de refrescos e comida a prezos populares

* Nota: En caso de chuvia, a Festa programarase para unha nova data.

Como chegar

Ata o castro da Cabeciña pódese ir en coche ou a pé.

Para subir a pé, se queres podes unirte á andaina que sairá da Casa da Cultura de Mougás ás 11:00. O paseo son aproximadamente 3 km e leva uns 45 minutos.

Para subir a pé por conta propia, a mellor opción e subir pola pista que sae dende enfronte do Camping O Muíño. Dende aí hai que seguir a pista sen desviarse uns 1,8 km (30 mins aprox.) ata chegar ao Castro da Cabeciña.

Para subir en coche, a mellor forma é seguir estas indicacións pola estrada PO-552 Baiona - A Guarda:

  1. Ao pasar o restaurante O Peñasco e o Cámping O Muíño, atentos, estamos preto do desvío.
  2. Menos dun quilómetro despois collemos o primeiro desvío a man dereita.
  3. Collemos o primeiro desvío á man esquerda. Hai un cartel que indica a subida á Cabeciña.
  4. Continuamos sempre ascendendo cruzando unha ponte por enriba da PO-552 e sen desviarse ata un rechán con xabre, onde deixamos o coche.
  5. A partir de aí hai que seguir subindo a pé uns 600 metros ata A Cabeciña.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones