Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Mulleres de Tomiño intercambiarán cartas con reclusas de Cáceres nun proxecto piloto de comunicación e reinserción social

A actividade comezará a levarse a cabo tras a sinatura dun convenio coa Secretaría de Institucións Penitenciarias e pretende promover un exercicio de resiliencia para reducir os efectos negativos de estar privadas de liberdade

A actividade comezará a levarse a cabo tras a sinatura dun convenio coa Secretaría de Institucións Penitenciarias e pretende promover un exercicio de resiliencia para reducir os efectos negativos de estar privadas de liberdade

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias (Dirección Xeral de Execución Penal e Reinserción Social) vén de dar o visto bo para asinar un convenio co Concello de Tomiño para levar adiante o proxecto piloto "PALABRAS LIBRES PARA MULLERES PRESAS".

 

A actividade, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño consistirá  nun intercambio de cartas entre mozas (a partir de 18 anos) e mulleres interesadas de Tomiño con reclusas do Centro Penitenciario de Cáceres.

 

"Como institucións públicas temos que traballar para tentar mellorar a vida privada das persoas e así nace o proxecto "Palabras libres para mulleres presas", co que queremos promover o intercambio de cartas entre reclusas e o mundo exterior", explica a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez.

 

Así, tras a firma do correspondente convenio, poderá comezar o intercambio epistolar. Deste xeito, as participantes poderán ver máis aló dos muros da prisión a través dos ollos doutras mulleres. "Utilizando  palabras as persoas poden mostrar os seus sentimentos, demostrar as súas ganas de aprender, mellorar as súas habilidades sociais, adestrar a súa empatía, estrear unha nova amizade epistolar", comenta a concelleira, aclarando que será posible compartir fotografías, pinturas, poemas, libros, música, etc.

 

O proxecto pretende promover un exercicio de resiliencia para reducir os efectos negativos a nivel psicosocial de estar privada de liberdade. "Nesta época de pandemia mundial na que estivemos confinadas é máis fácil empatizar coa situación das persoas privadas de liberdade, cumprindo así outro dos obxectivos da iniciativa; sensibilizar á sociedade sobre este colectivo", apunta Rodríguez.

 

Este intercambio de cartas é unha estratexia que busca moito máis que a lectura e a escritura a partir dunha verdadeira necesidade comunicativa. Traballar en conxunto os xuízos e prexuízos desde un punto de vista crítico a través da creatividade, a comunicación e a literatura. promover unha mellor reinserción social.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí