Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Música e teatro na programación do mércores e xoves nas festas de San Telmo

O mércores pecha a inscrición para a Carreira Popular de San Telmo e o xoves para a Andaina de San Telmo

O mércores pecha a inscrición para a Carreira Popular de San Telmo e o xoves para a Andaina de San Telmo

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Abril de 2024

Fuente: Concello de Tui

Música e teatro centran a proposta da programación para mañá mércores e para este xoves nas festas de San Telmo en Tui, declaradas Interese Turístico Galego.

Mañá mércores a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará, ás 16.30 h, na Residencia San Telmo. A música será a protagonista tamén na carpa da Corredoira onde tanto mañá mércores coma o xoves ás 18 h actuará o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Amais o xoves ás 19 h fará un pasarrúas Barafunda Animación con “O Globador tolo”.

Mentres no Teatro Municipal ás 21 h a cita será con dúas novas estreas teatrais dentro da XIV Semana de Teatro Amador. Mañá mércores o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis representará “Pola sombra dun burro” unha comedia satírica escrita por Friedrich Dürrenmatt que nos achega á liorta entre un asneiro e un dentista pola sombra dun burro. Bego Brass dirixe o elenco formado por Estela Rey, Eva Pazo, Germa Pérez, Manuel Gómez, Marta Pazo, Miguel Enríquez, Miguel A. Pazo, Merchi Rodríguez, Román Bugarín, Samuel Otero,  Secundino Domínguez e Candela Souto.

Xa o xoves Laura Villaverde dirixe o grupo de teatro “San Fins” de Rebordáns que levará a escena “A Familia”, unha obra da súa autoría que relata que acontece cando a familia Perillo vende un monte de madeira e decide repartir os cartos cos seus fillos emigrados que deberán vir a Galicia para recibir a súa parte. Sobre o escenario estarán Antonia Novás, José Álvarez, Juana Dávila, Concepción Pereira, Mª Isabel González, Álvaro Iglesias, Concepción Costa, Angela Oliveira e Katia Rocha nesta comedia.

Tanto para a obra do mércores coma do xoves as entradas, a un prezo de 2 €, están á venda en tui.gal até o día da función ás 18 h, e o mesmo día poderán mercarse no despacho de billetes.

Por outra parte mañá mércores, ás 22 h, remata a inscrición para a Carreira Popular de San Telmo que se vai celebrar este sábado, a partir das 11 h, no Paseo da Corredoira. A participación é gratuíta, pero dado o carácter solidario da proba o sábado na recollida de dorsais entregarse un quilo de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño-Baixo Miño. A inscrición pode realizarse en https://clubatletismotui.wordpress.com/.

 

Mentres o xoves pecha a inscrición para a Andaina de San Telmo que sairá o domingo, ás 10 h, dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido sinxelo, duns 9 quilómetros polo centro urbano. Neste caso o prezo da participación é de 6€ e as persoas interesadas poden anotarse en andatui.es. Esta actividade forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença.

 

Mércores 3

  • 30h – 17.00h No Residencia San Telmo, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.
  • 00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.
  • 00h – 22:10h No Teatro Municipal, XIV Semana de Teatro Amador co grupo Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Proceso pola sombra dun burro”.

Xoves 4

  • 00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui – CMUS Tui.
  • 00h – 20.00h Na Corredoira, pasarrúas “O Globador Tolo” de Barafunda.
  • 00h – 22:00h No Teatro Municipal, XIV Semana de Teatro Amador co grupo San Fins de Rebordáns. Estrea de “A Familia”.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí