Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Música e teatro na programación do xoves de San Telmo

O xoves, 21 de abril, a música e o teatro serán os protagonistas na programación das festas de San Telmo.

O xoves, 21 de abril, a música e o teatro serán os protagonistas na programación das festas de San Telmo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tui

O xoves, 21 de abril, a música e o teatro serán os protagonistas na programación das festas de San Telmo.

Abre o programa a Coral San Telmo  que actuará a partir das 17 ha Residencia San Telmo.

A carpa no Paseo da Corredoira acollerá dende ás 18 h o espectáculo “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” da man de Pakolas.  No mesmo Paco Cerdeira “Pakolas” guiará ao público coa súa voz, a súa guitarra e o seu humor por un universo musical cheo cancións, contos e historias, e tamén de cores e debuxos realizados en directo pola ilustradora Laura Romero. Cantarán e debuxarán a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, que posúe unha horta automática con patacas cibernéticas e que ten unha máquina do tempo coa que viaxa ao pasado e ao futuro.

A música continuará polas rúas de Tui a partir das 20 h da man da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.

E pechando a programación do día prosegue no Teatro Municipal a XII Semana de Teatro Amador. Ás 21 h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estreará “As vacacións da duquesa”. O elenco, dirixido por Miguel Ángel Pérez Blanco está formado por oito persoas. Este sainete escrito por Raimundo Francés comeza cando a duquesa plantexa a súa familia onde ir de vacacións, e os problemas que xorden xa que non ten cartos. As entradas, ao prezo de 2€, está á venda até mañá xoves ás 18 h en www.tui.gal, e mañá xoves dende ás 20 h no despacho de billetes, sen numerar, dende ás 20 h.

Xoves 21

  • 00h – 17.30 h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral San Telmo.
  • 00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación musical con “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” de Pakolas.
  • 00h – 21.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.
  • 00h – 22:00 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estrea de “As vacacións da Duquesa”.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí