Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÚSICA NO CLAUSTRO CELEBRA DENDE O MÉRCORES A SÚA NOVENA EDICIÓN CUN PROGRAMA INTERDISCIPLINAR

Os concertos serán ás 21h no Claustro Gótico. Tamén haberá visitas nocturnas á Catedral

Fecha: 06 de Agosto de 2013

Fuente: www.concellotui.org

Este mércores comeza a novena edición de Música no Claustro, un festival que naceu en 2005 coma plataforma dos músicos locais e que, sen perder de vista este obxectivo inicial, ten crecido nestes nove anos ata converterse nun festival de referencia e consolidado, non só a nivel galego senón tamén no norte de Portugal, que aposta de xeito claro pola música e a creación contemporánea.

 

A presentación deste ciclo de concertos tivo lugar esta mañá no Claustro Gótico da Catedral de Tui, onde a partir do mércores se celebrarán os concertos. Neste acto interviron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o director-xerente do Xacobeo, José Paz, o cóengo emérito da Catedral, D. Ricardo García, xunto a Samuel Diz, director artístico de Música no Claustro, e Guadi Galego, integrante de aCadaCanto.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinalou que "este é un festival consolidado" ao tempo que felicitaba "a todos os que fan posible Música no Claustro". Convidaba ao público a achegarse a Tui e disfrutar das actividades previstas.

 

José Paz, director-xerente do Xacobeo, que este ano patrocina o festival, felicitou  a organización "por esta programación que entendemos que é magnífica, e que sabemos e coidamos que en próximas edicións se poderá levar a cabo con maior axuda e maior potenciación".

 

O mentor de Música no Claustro, Don Ricardo García, lembrou que a idea inicial que o levou a crer neste proxecto foi " dar a coñecer os valores musicais da canteira local".

 

Samuel Diz, director do Ciclo de Concertos, comezou explicando os inicios do festival en 2005 "cunha idea inicial que continua vixente como é o apoio aos músico tudenses" sumando un "programa interdisciplinar no que buscamos dar cabida a distintas linguaxes".

 

Guadi Galego, integrante de aCadaCanto, explicou que é para eles un privilexio poder participar neste evento musical, presentado un concerto homenaxe a Rosalía coa estrea dos vídeos dos temas do seu traballo "A Rosa d'Adina" gravados na propia catedral. Hoxe mesmo deron a coñecer un destes vídeos gravado nos xardíns-mirador da S. I. Catedral de Tui, producido por Músicas de Salitre coa colaboración de Música no Claustro.

 

O programa de concertos comezará o mércores con Germán Díaz, zanfona-jazz, o xoves o propio Samuel Diz presentará no festival o seu traballo "Guitarra Clásica Galega", o venres será a quenda de Silvia Penas, poesía con Aíd, rap, e o sábado o concerto de aCadaCando homenaxe a Rosalía. O domingo recibirán a visita do prestixioso festival Música en Compostela que ofrecerá un paseo musical con microconcertos de música clásica nas diferentes capelas e retablos do conxunto catedralicio. Todos os concertos comezarán ás 21h.

 

Dende este festival, como antes se mencionaba, mantense  o espírito inicial de apoio aos músicos de Tui que comezan ao través do Ciclo JL Música no que este ano van actuar Sandra Pérez, percursión; Sergio Alonso, guitarra; Lucia Vicente, cello; e Juan M. Cao, saxofón.  Como novidade haberá unha homenaxe o mércores a Adolfo Besada polos seus 50 anos no mundo da música, e 20 dende que inaugurou a Escola de Música de Tui, segundo dicía Samuel Diz "moitos tivemos a oportunidade de estudar música grazas a súa labor".

 

Pero Música no Claustro ofrece tamén como actividades tres obradoiros para nenos sobre "O aroma da nosa contorna" e "Constrúe o teu instrumento".  Tamén están previstas tres conferencias sobre "Historia da Música en Galicia" por Lorena López Cobas, "Proxector Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego s.XIX-XX" a cargo de Milagros Bará Viñas, e "A Música na Guerra Civil Española" por Marco A. De la Ossa, premio nacional de Musicoloxía en 2009. Na primeira e na terceira conferencia presentaranse tamén dous volumes monográficos sobre o tema a tratar.

 

Haberá amais visitas guiadas nocturnas ao triforio, a cuberta e o campanario, guiadas polo historiador Suso Vila, o mércores, xoves, venres e sábado ao remate dos concertos cun prezo de 6€. Establécese un aforo de 20 persoas e se debe reservar praza no 986 60 05 11 ou no correo contacto@musicanoclaustro.com. Amais o sábado ás 12h farase un "Itinerario artístico musical" da man do historiador Suso Vila e do organista Daniel Goberna.

 

Música no Claustro aposta este ano tamén pola artesanía xa que cada día da programación a tenda local Porta da Pía presentará a creación de artesáns de textil, olería, zoquería, escultura cerámica, pel, ou percusión tradicional no propio Claustro.

 

Toda esta información pode ampliarse en www.musicanoclaustro.com así coma nas redes sociais Facebook e Instagram.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones