Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Música no Claustro chega a súa madurez nesta 15ª edición e suma un foro profesional de instrumentos musicais

Sete concertos que abren o claustro gótico da Catedral de Tui á sociedade, do 1 ao 7 de agosto ás 21.30h, para un aforamento reducido de 120 entradas gratuítas por noite.

Sete concertos que abren o claustro gótico da Catedral de Tui á sociedade, do 1 ao 7 de agosto ás 21.30h, para un aforamento reducido de 120 entradas gratuítas por noite. - Foto Gus Abreu

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Agosto de 2021

Fuente: Música no Claustro

Música, patrimonio e creación son as tres constantes vitais dun programa comisariado por Samuel
Diz, “un festival de autor” en palabras de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura. Unha 15ª
edición que ten por trama narrativa aos propios instrumentos musicais e o seu legado cultural
baixo o leitmotiv #resonancias. O alcalde Enrique Cabaleiro salientou a “importancia que este
evento ten para a cidade de Tui” e amosou “o seu compromiso no aumento do apoio cara as
vindeiras edicións que abre á sociedade as portas do principal monumento da cidade”.
A oboísta galega Iria Folgado, solista da Konzerthaus Orchester Berlin abrirá o festival
acompañada por Cristina Cordero (viola), Montserrat Egea (violoncello) e a tudense Sara Areal
(violín). Un cuarteto creado para a ocasión co que interpretarán obras de Mozart, Britten e do
compostelán Fernando Buide del Real. Unha proposta que Don José Diéguez Dieppa, deán do
Cabido Catedralicio destacou ao “pór en valor, con respecto, o único claustro medieval das
catedrais galegas”
O luns 2 de agosto, a cantaora Ángeles Toledano achegará por primeira vez o flamenco ao
festival, música declarada pola UNESCO Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. A
semana continúa con outro encontro provocado pola dirección artística do Festival, o binomio
Fernando Beltrán e Saúl Púga, onde a poesía conmovida do escritor asturiano resoará entre as
cordas do contrabaixo galego nunha misión poética de curación do mundo.
O mércores 4 actuarán Begoña Riobó e Anxo Pintos, dous nomes capitais da música galega que
manifestan “o cariño e coidado co que está realizado o festival, tendo unha ilusión especial por
presentar o seu traballo que toma ao cancioneiro popular galego coma base da creación de
vangarda da música folk”.
Tal e como trasladou o deán, o Cabido da Catedral de Tui ven de acometer unha limpeza
profunda do órgano, un dos principais instrumentos do patrimonio cultural galego. Para celebralo,
Música no claustro convidou ao músico italiano Davide Bucci a unha residencia artística.
Organista polo Pontificio Istituto di Musica Sacra do Vaticano, Davide Bucci chega a Tui con
partituras Cabezón, Zipoli, Bach e Mendelssohn na súa equipaxe. O repertorio final do recital será
o resultado do seu encontro co órgano, en paralelo á indagación no legado musical do arquivo
catedralicio, partituras históricas sobre as que creará unha improvisación ex professo coa que
rematará o concerto do xoves 5 de agosto.
O grupo de música antiga Serendipia Ensemble, conformado por frautas de bico e percusións
históricas, e a estrea do novo disco da artista indie Chloé Bird porán o broche final á 15ª edición
de Música no claustro.
A entrada aos concertos de Música no claustro é gratuíta grazas ao apoio do Concello de Tui e da
Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, institucións ás que se suma por cuarto ano
consecutivo a Sociedad de Artistas AIE e as marcas privadas Gadis, Cabreiroá e D.Pedro De
Soutomaior.
Aforamento reducido aos concertos e reserva de entradas
Co obxectivo de garantir as medidas hixiénico-sanitarias frente á COVID-19, o aforo reducido será
de 120 persoas por concerto.
As entradas gratuítas estarán dispoñibles nun formato mixto: 90 baixo reserva previa, con
prioridade de acceso, e 30 por orde de chegada ao concerto. A reserva previa será no teléfono
644 035 055, de 10h. a 12h. o día previo a cada concerto.
Catedral nocturna, percorridos artísticos
Os días 4, 5 e 6 de agosto, ao finalizar os concertos, a Catedral abrirá excepcionalmente as súas
portas en horario nocturno, nun percorrido artístico pola iconografía musical dos retablos barrocos
realizado pola historiadora da arte e guía oficial de turismo Sara Quintana. Será unha experiencia
única para seguir descubrindo a Catedral de Tui, que como lembrou o secretario de cultura, será
protagonista do Plan de Catedrais Xacobeo 2027 da Xunta de Galicia.
A entrada aos percorridos artísticos ten un custe de 6€ e un aforamento máximo de 20 persoas
por noite, con reserva previa recomendable en contacto@musicanoclaustro.com ou no teléfono
636 969 356.
Foro profesional de Instrumentos musicais
A principal novidade de Música no claustro 2021 será o Foro profesional de Instrumentos
musicais, o 4 e 5 de agosto, co apoio da Xunta de Galicia, a través da Fundación Pública
Artesanía de Galicia. Un encontro que, segundo apuntou a súa xerente Elena Fabeiro, “ten por
obxectivo principal a profesionalización e divulgación dos oficios artesanais, coa esperanza de que
esta convocatoria sexa o gromo de próximos debates e movementos asociativos profesionais”.
O Foro reunirá en Tui a 60 profesionais da construción de instrumentos, do estudo académico, da
xestión cultural e museolóxica, así como artistas e outros expertos de ámbitos intersectoriais. Os
instrumentos serán tratados dende unha perspectiva interdisciplinar e patrimonial. O artesán
francés Régis Floury, afincado en Gondomar, puxo a atención “nas técnicas de construción,
restauración, así como na conservación preventiva dos exemplares custodiados nos museos”.
Ao apoio da Fundación Pública Artesanía de Galicia súmase a colaboración e o respaldo de
Guitarras José Ramírez, as asociacións Gremio de Luthieres y Arqueros de España (GLAE) e
Instrumenta; así como o Museo de Pontevedra, o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos
da Madeira de Galicia e a Subdirección General de Gestión y Coordinación de los Bienes
Culturales del Ministerio de Cultura y Deporte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí