Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÚSICA NO CLAUSTRO DESCUBRE AO SEU PÚBLICO A CATEDRAL DE NOITE E O TUI DE ROSENDO SALVADO

As visitas estarán guiadas polo historiador tudense Suso Vila.

As entradas á Catedral programadas para o 6, 7, 9 e 10 de agosto precisan preinscrición.

Fecha: 05 de Agosto de 2014

Fuente: www.musicanoclaustro.com

Nesta décima edición de Música no Claustro, ao igual que aconteceu nas edicións precedentes, o festival achega ao seu público ao noso espectacular patrimonio monumental.
Así durante os 5 días do festival, grazas a colaboración do historiador tudense, Suso Vila, poderemos achegarnos un pouco máis ao noso patrimonio. Así o mércores 6, xoves 7, sábado 9 e domingo 10, ao remate dos concertos, realizaranse as visitas nocturnas á Catedral con subida aos tellados, poñendo este ano ademais un punto de atención na madeira, nas súas diferentes expresións e utilidades, destacando a Matraca, instrumento musical do s. XVIII recentemente recuperada. Para poder participar nesta experiencia única é imprescindíbel reservar praza no teléfono 652055969, xa que a actividade conta cun aforo máximo de 20 persoas por día.
O venres 8 ás 22.30h na rúa Riomuiños, Suso Vila descúbrenos o Tui que vivíu a infancia dun dos maiores persoeiros na nosa cidade, o Pai Rosendo Salvado, comezando pola súa casa natal e rema¬tando na Catedral, na que el mesmo ofreceu eucaristía nunha das viaxes de regreso a Galicia dende a súa Australia adoptiva. Neste caso a participación na actividade é libre.
E en tanto que Tui é una cidade do Camiño de Santiago, dende Música no Claustro queremos recibir a tódolos peregrinos. Así durante todo o festival ás 19.30h a S.I. Catedral de Tui dará a benvida aos visitantes en tránsito cunha visita guiada e una breve actuación musical que quedará na súa lembranza, sendo necesario presentar a credencial do peregrino para acceder á actividade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones