Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Música sen fronteiras para celebrar o 10 aniversario da Eurocidade Tui-Valença

As orquestras do Conservatorio de Tui e da Academia da Fortaleza de Valença ofrecerán este sábado ás 20 h un concerto no Teatro Municipal

As orquestras do Conservatorio de Tui e da Academia da Fortaleza de Valença ofrecerán este sábado ás 20 h un concerto no Teatro Municipal

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tui

As orquestras dos dous centros de ensinanza musical da Eurocidade Tui-Valença,  o Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui, e a da Academia de Música da Fortaleza de Valença ofrecerán mañá sábado, 12 de febreiro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui o concerto de clausura da conmemoración do décimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença.

Precisamente estes dous centros, o  Conservatorio de Tui e a Academia de Música da Fortaleza de Valença, reflicten no seu alumnado esas relacións a unha e outra beira do Miño xa que contan tanto con alumnos e alumnas galegos e portugueses.

No concerto que mañá ofrecerá no Teatro tudense demostrarán coma a música non ten fronteiras e tende pontes entre as dúas cidades.

O concerto comezará da man da Orquestra da Academia de Música da Fortaleza de Valença interpretando “Quebranoces” de Igor Tchaikovsky.

A continuación actuará a orquestra da Eurocidade, integrada por alumnado e ambos centros, con “Este linho é mourisco” un tema tradicional portugués con arranxos para orquestra de Bernardo Lima, e “Alborada Galega”, composición tradicional galega para gaita e orquestra.

Seguirá a Orquestra do Conservatorio e da Escola de Música de Tui con “Suite cubalicia” de Eduardo Coma. O concerto pecharase coa interpretación do Himno de Europa de Beethoven con arranxos de Richard Meyer por parte da Orquestra da Eurocidade.

Para este evento musical débense reservar as entradas, de forma gratuíta, en www.tui.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí