Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Na memoría de Minxos: A raíz na que se sustenta a árbore.

Foi quen de escoitar a voz de auxilio coa frescura da xuventude, de poñer o seu talento nonaxenario ao servizo da súa derradeira construcción: o Piueiro.

Foi quen de escoitar a voz de auxilio coa frescura da xuventude, de poñer o seu talento nonaxenario ao servizo da súa derradeira construcción: o Piueiro.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Noviembre de 2020

Fuente: Asoc. Piueiro

A raíz na que se sustenta a árbore.
Quen fixo posíbel, a través das mans dos seus fillos e neto (Paco, Tin e Marcos), o soño de materializar en cadernas un eslabón da cultura mariñeira do noso pobo que languidecía baixo a ameaza do esquecemento, xa só vivo no fráxil pulso da memoria oral dos máis vellos.
Foi quen de escoitar a voz de auxilio coa frescura da xuventude, de poñer o seu talento nonaxenario ao servizo da súa derradeira construcción: o Piueiro. Foi quen de ilusionarse coa posibilidade de acariciar a quilla do que para el só era unha lembranza herdada de xeracións de carpinteiros de ribeira, só unha conversa ancorada na infancia sobre volanteiros construídos polos seus avós
El reactivou o zume do carballo, da acacia vermella, do piñeiro transfromándoos, na lúa exacta, no que calificou o amigo e poeta Anxo Angueira como “milagre da cultura mariñeira galega contemporánea”.
Hoxe a tristeza tenta abafar, sen logralo, o seu sorriso mentres centos de escolares escoitan con atención as súas conversas coa madeira; tenta borrar o seu dedo índice sinalándolles “os vicios” que debilitan as táboas; tenta calar o seu “e che” co que agardaba a complicidade de quen o escoitaba.
O Minxos, estará sempre con nós, navegará a bordo do Piueiro cada singladura e agradecerémoslle sempre ser a raíz sobre a que tenta agromar a árbore da cultura que trascende á profesión; que o Piueiro, aínda que fai séculos que deixou de acarrexar pescadas seguirá lembrándonos de onde vimos e quenes somos.


Ao Minxos
voaba entre a carballeira como choruma
agromaron do seu aloumiño a árbore
conversas que aínda non escoito
óesno dicía
non desacougues
as labras do madeiro
liberan as cadernas que agochan
zas zas caricia zas zas zas
radiografía da memoria
amou das ondas a perfección
puílas co vento dos labios
coñecín un carpinteiro de ribeira
que surcou océanos
no diálogo táctil coas súas naves
a medio construir

…pois si un home non pode atopar os máis nobres motivos para súa arte nestas cousas cotiás e sinxelas(…)non a atopará en ningures.
Oscar Wilde

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones