Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nace Espazo Crianza, un lugar de encontro e acompañamento ás familias con nenos e nenas de 0 a 12 meses e xestantes

O Concello do Rosal pon en marcha este proxecto para ofrecer información e resolver inquedanzas sobre o desenvolvemento infantil

O Concello do Rosal pon en marcha este proxecto para ofrecer información e resolver inquedanzas sobre o desenvolvemento infantil

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

Brindar ás familias un lugar de encontro e acompañamento durante o crecemento dos seus fillos e fillas. Con ese obxectivo o Concello do Rosal pon en marcha Espazo Crianza, un proxecto que ofrecerá ás familias con nenos e nenas de 0 a 12 meses e a xestantes unha canle de comunicación, de información e de aprendizaxe sobre o desenvolvemento infantil, así como de resolución de inquedanzas para unha crianza sen culpas e sen xuízos nin prexuízos. “Estamos moi ilusionados con esta iniciativa, que responde a unha demanda habitual nas familias. Hoxe en día pais e nais queren estar máis formados ca nunca, pero o exceso de información á que hai acceso pode crear moita inseguridade”, asegura a alcaldesa Ánxela Fernández Callís.

Trátase dun espazo educativo e de lecer onde poder ofrecer aos cativos e cativas unha educación de experimentación pero guiada por profesionais, un servizo de atención infantil e familiar “próximo e de calidade que servirá para detectar posibles necesidades nunha estadía temperá, á vez que se traballa o desenvolvemento dun embarazo positivo dende todos os ámbitos e se realiza un acompañamento aos pais e nais tamén nos primeiros meses de vida do bebé”.

Estes encontros, nos que se abordará unha educación libre, activa e respectuosa, dividiranse en grupos dependendo da idade dos nenos e nenas. Por un lado, haberá acompañamento prenatal dirixido a futuros pais e nais xestantes a partir da semana 28 de embarazo, con sesións quincenais os mércores de 10 a 11 horas que comezarán o vindeiro 6 de outubro. Tamén se implementarán dous grupos para acompañar ás familias no desenvolvemento integral do seu bebé, dependendo do seu desenvolvemento motor e cognitivo. Así, haberá un grupo para bebés de 0 a 6 meses e outro de 6 a 12 meses. Tamén será unha sesión quincenal que comezará o mércores 13 de outubro en horario de 10.00 a 11.00 e de 11.30 a 12.30  h, respectivamente.

A participación neste espazo é de balde. As persoas interesadas deberán facer unha inscrición previa enchendo o documento que se atopará na web municipal e entregándoo no Concello, tanto en Rexistro como á educadora familiar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí