Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Nancho Novo será o pregoeiro da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

Este venres día 6 de xullo a partires das 21:00h na Praza do Reló da Guarda

Este venres día 6 de xullo a partires das 21:00h na Praza do Reló da Guarda

Fecha: 06 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, será o responsable de dar o pregón da XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira este venres día 6 de xullo a partires das 21:00h na Praza do Reló da Guarda.

Nado en 1958 na Coruña, combina a súa carreira de actor coa de cantante e compositor, ademais de ser o guitarrista do grupo Rock "Los Castigados sin postre".

Ten realizado varios sketchs no recoñecido programa televisivo "El Club de la Comedia" e participa coma colaborador no programa radiofónico "Hoy por hoy Madrid" de Radio Madrid.

O seu debut coma actor profesional remontase ao 1988 no teatro de Madrid e proseguiu a súa carreira alternando traballos no teatro, cine ou series televisivas como "Fariña".

Como ven sendo habitual a lectura do pregón será a noitiña, dando o "pistoletazo" de saída a unha fin de semana cargada de actividades que atraen a numerosos visitantes e turistas, así coma a veciños da Guarda e da Comarca do Baixo Miño.

Grazas á excelente habilidade humorística de Nancho Novo está asegurado que o seu pregón será unha cita que non te debes perder e dende o Concello da Guarda invitase a todo o público a asistir.

Tralo pregón realizarase a apertura da Carpa no Porto da Guarda onde xa se poderán degustar os produtos do mar e da cociña mariñeira. Será sobre as 22:30h cando Nancho Novo realice o seu espectáculo "El Cavernícola", obra que trata sobre o modo no que se relacionan os homes e mulleres, unha versión da mítica obra de Broadway que leva máis de 1200 funcións con grande éxito no Teatro de Madrid.

Para finalizar este primeiro día da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizarase un serán mariñeiro contando coas actuacións de máis dunha decena de grupos tradicionais y de pandeireta que amenizarán esta noite.

Na XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira poderase degustar unha ampla variedade de produtos do mar, sobremesas e viños. A ración de Langosta custará 25€, pero tamén haberá outras tapas coma percebes, calamares, langostinos, mexillóns, navallas, polbo... a prezos populares. Na sobremesa, non pode faltar a Rosca de Xema, con racións dende 1,5€.

Programación variada e para todas as idades
A XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira terá inicio o venres 6 de xuño co acto de lectura do pregón na Praza do Reló ás 21:00h, que nesta edición recae no recoñecido actor, humorista e cantante galego Nancho Novo. Esa mesma noite ás 22:30h fará unha actuación na carpa do Porto, presentando o seu espectáculo "Cavernícola".

Na xornada do sábado 7 de xullo repartiranse ao longo do día varias actuacións musicais a cargo dos grupos A Boalleira, Acevedos Delgados e Mitic, así coma un espectáculo de maxía a cargo de Valeria Varitas. Destacan tamén neste día as actividades infantís e deportivas, coa XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda.

O Domingo 8 de xuño amenizarán a xornada os grupos A Boalleira, Acevedos Delgados, Peter Punk e Brais das Hortas, contando coa actuación estelar de Celina da Piedade, nunha noite na que o fado será o protagonista. Tamén destaca neste día o obradoiro infantil de Mini-Chef ou o espectáculo cómico de Roi Borrallas.

Durante toda a fin de semana A Guarda ofrecerá visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, haberá unha gran feira de artesanía e zona lúdica e infantil, con inchables acuáticos(non esquezades o bañador!). Tamén disporase dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí