Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Negocios e veciñanza de Tomiño coñecen as obrigas e claves da nova Lei de Residuos

O persoal técnico do plan Revitaliza da Deputación explicou a xestión do lixo orgánico como responsabilidade dos produtores singulares

O persoal técnico do plan Revitaliza da Deputación explicou a xestión do lixo orgánico como responsabilidade dos produtores singulares

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Julio de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

Dende o mércores 13 de xullo, a veciñanza e os negocios de Tomiño coñecen as claves da nova Lei de Residuos, que obriga a tódolos negocios e hostelaría a separar o seu lixo orgánico sen excepcións. Con motivo da aprobación desta lei o pasado 30 de xuño, persoal técnico do Revitaliza da Deputación de Pontevedra explicou no Mercado municipal os principais puntos a ter en conta, tanto pola hostelaría coma os domicilios paticulares.

En primeiro lugar, os técnicos Silva e Pinto subliñaron que a nova lei establece que todos os productores de lixo deben responsabilizarse da súa separación e correcta xestión. Se no municipio aínda non hai unha rede de recollida de residuos orgánicos e existe un negocio que os produce, este debe facerse cun composteiro individual ou chamar ao concello para pedir que habilite un comunitario nas inmediacións, se é posible. Noutro caso, deberá contratar un xestor de biorresiduos que pase a recollelos para tratalo debidamente.

Os negocios deben poder acreditar a súa correcta xestión dos residuos se llo requiren nunha inspección. De feito, a lei establece que a Xunta e os concello teñen a orbiga de realizar inspeccións, puidendo establecer multas elevadas para aqueles que incumpran a normativa. Entre as infraccións graves atópase o vertido ou abandono do lixo e o impedimento de realizar unha inspeccións e control. As sancións por estes motivos poden oscilar entre os 2.000 e os 10.000 euros.

No caso da veciñanza, tódolos concellos de máis de 5.000 habitantes teñen a obriga de recoller separadamente todas as fraccións do lixo, incluída a organica, ou ben en composteiros ou nun colector marrón. Neste sentido, o concello de Tomiño é un dos poucos de toda Galicia que está preparado para alcanzar ás cifras de reciclaxe que establece a normativa grazar ao seu despregue dunha rede de composteiros durante os últimos anos.

Segundo destacou o persoal técnico, "é preciso que, sobre todo as persoas propietarias de negocios muden a súa filosofía con respecto ás súas obrigas ante os residuos", xa que, coa nova normativa, tal como indicou o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, "estase a producir unha grande revolución que non permite ao comercio e hostelaría poñer escusas e botar balóns fora alegando que os concellos non prestan os servizos".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí