Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Nicolás Lorenzo Montes será o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Tui

O candidato apelou á unidade do partido, -si en maio o centrodereita sae unido, seremos imparables-

O candidato apelou á unidade do partido, -si en maio o centrodereita sae unido, seremos imparables-

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Noviembre de 2022

Fuente: PP de Tui

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Tui nas municipais de maio será Nicolás Lorenzo Montes. Hoxe anunciouse a súa candidatura nun acto ao que asistiron o presidente provincial, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, así como membros da xunta local do PP, entre os que estaban o voceiro do grupo municipal, José Ángel Rodríguez, e o deputado autonómico e ex alcalde, Moisés Rodríguez

 

Nicolás Lorenzo foi concelleiro do Partido Popular, ten 47 anos, é emprendedor e presidente do Club Baloncesto de Tui. Como carta de presentación, dixo que é “un amante desta cidade. Aquí nacín, aquí crieime, formeime nesta cidade. Aquí vivo, e por iso dóeme ver unha cidade triste e apagada. É momento de recuperar a ilusión”. Aposta por recuperar o espírito do PP de 2011 que deu a maioría absoluta ao Partido Popular, “porque en maio saímos a gañar”. Para conseguir resultados, di que “é fundamental a unidade do partido. Todos somos fundamentais, todos sumamos. Si somos capaces de unir o partido. Si o centrodereita sae unido en maio, seremos imparables”.

 

Nesta liña, insistiu en que “o vestiario é onde se conseguen resultados. Si o equipo está unido, a este partido non o para ninguén”. Agradeceu o apoio da xunta local, e puxo como exemplos “o traballo e o apoio de afiliados e militantes do PP de Tui, persoas que o dan todo desde o minuto un, un espello ao que nos temos que mirar todos”.

 

Pola súa parte, Luis López destacou “o apoio total e unánime” da xunta local en torno á candidatura de Nicolás, e subliñou que “a unidade é o máis importante para recuperar a alcaldía de Tui”. Nesta liña, pediu traballar todos xuntos, porque despois virán os resultados. “Tede o completo convencemento de que poden pasar cousas coas que ninguén conta e que poden sorprender a todos. Coa unidade do Partido Popular podemos acadar grandes obxectivos e romper coa parálise de Tui”.

 

Con respecto ao candidato, o presidente provincial destacou que “é destas persoas que desprenden unha ilusión fóra do común, e iso se transmite e se contaxia”. Pero ademais, recordou que “ten experiencia en política, ten experiencia en xestión e está moi vencellado con colectivos e coa cidadanía de Tui. E, sobre todo, ten vocación de servizo público, o único que o move é facer cousas polos seus veciños e buscar o desenvolvemento do seu concello”.

 

Por iso, agradeceu que estea totalmente comprometido para pilotar o Partido Popular de Tui, agradecementos que tamén trasladou a Moisés Rodríguez e a José Ángel Fernández, “xa que o punto de partido no que estamos hoxe é gracias ao bo traballo feito por Moisés e o seu traballo como alcalde de Tui. Pero tamén a José Ángel, porque nun contexto moi complicado encabezou a candidatura do PP en 2019 e foi quen de seguir traballando ata chegar a este punto”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí