Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

No mes de setembro Tui e Valença moveranse en clave xudía

A celebración das -Xornadas Europeas da Cultura Xudía- nas dúas cidades inclúe visitas guiadas, xogos online, o obradoiro de cociña -Sabores de Sefarad-, xornadas gastronómicas do bacallau, documentais, música e os filmes de Manfred Kirchheimer en Play D

A celebración das -Xornadas Europeas da Cultura Xudía- nas dúas cidades inclúe visitas guiadas, xogos online, o obradoiro de cociña -Sabores de Sefarad-, xornadas gastronómicas do bacallau, documentais, música e os filmes de Manfred Kirchheimer en Play D

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

Ao longo do mes de setembro as cidades de Tui e de Valença desenvolverán unha ampla programación con motivo da celebración das “Xornadas Europeas da Cultura Xudía” que un ano mais realiza conxuntamente a Eurocidade para mostrar e valorizar o patrimonio xudeu que conservan ambas cidades e enriquece o seu acervo cultural.

 

A cidade de Tui forma parte, dende o ano 2019, da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, integradas por 21 cidades españolas que traballan conxuntamente na promoción do seu patrimonio cultural. A presenza de Tui nesta rede cooperativa posiciona á nosa cidade no ámbito cultural e turístico.

 

A celebración anual en toda Europa, no mes de setembro, destas Xornadas é unha oportunidade para a difusión deste legado patrimonial, neste ano o lema elixido para estas Xornadas é “Diálogo” e propón difundir e promover narrativas positivas que resalten a contribución do xudeus europeos a unha Europa máis plural e integradora.

 

Sobre esta temática desenvólvese o programa preparado polas cidades de Tui e Valença, nunha colaboración iniciada no pasado ano e que abre unha nova vía de colaboración entre ambos municipios e promove un achegamento á colaboración iniciada coa Rede de Judarías de Portugal.

 

No programa cómpre salientar:

  • As “Xornadas Gastronómicas sefardís: bacallau”, que recollen a oferta gastronómica de ata 21 restaurantes tudenses que ofrecen diversos pratos arredor deste peixe vinculado á gastronomía sefardí.

 

  • Alboio: bacallau en empanada,
  • Ideas peregrinas: tosta con bacallau,
  • Parador de Tui: bacallau con broa
  • Jaqueyvi: á brasa,
  • Tapas e viños: ensalada con bacallau,
  • La de José Luís: á brasa,
  • El Molino: á portuguesa e tamén empanada,
  • Puro sabor: ó forno e empanada
  • Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén empanada,
  • Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños,
  • Santiamén: asado con cebola,
  • Pote: ensalada de bacallau e á galega,
  • Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada,
  • Monte Aloia: empanada de bacallau e bacallau á brasa e ao forno,
  • Cruceiro do Monte: á portuguesa.
  • Asador Paulo: bacallau á brasa e bacallau á xuliña
  • Pirsin: empanadillas de bacallau
  • Vionkas Bake: empanadilla de bacallau
  • La de Manu: bacallau
  • Epoca: bacallau á prancha e ao estilo Epoca

 

  • Ao longo de todo o mes estará operativo o xogo unha actividade participativa e gratuíta, “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”. Mediante un xogo, os visitantes terán que desprazarse consecutivamente a tres puntos da xudaría e completar unhas actividades que lle dará a posibilidade de recibir a “chave de Sefarad” na Oficina de Turismo e participar en diversos sorteos: https://redjuderias.org/juega

 

  • Unhas das principais actividades destas Xornadas é a celebración do “Taller gastronómico Sabores de Sefarad” a cargo do chef especializado en gastronomía sefardí, Javier Zafra, que estará en Tui o luns 13 de setembro para desenvolver esta actividade dirixida aos profesionais da hostalaría e restauración tudense.

 

  • O venres 3 comezará a emisión dun vídeo divulgativo do patrimonio xudeu de Valença e Tui a través das redes sociais e da canle de Youtube dos municipios de Tui e Valença.

 

  • En Valença proxectarase un filme documental sobre “Aristides de Sousa Mendes – O Cônsul de Bordéus”, un diplomático portugués que salvou a milleiros de xudeus na II Guerra Mundial. Na Loja de Turismo de Valença o 4, 5, 11 e 12 de setembro.

 

  • Unha actividade clásica destas xornadas son as visitas ao patrimonio xudeu e cripto-xudeu en ambas localidades. En Valença o 4, 5, 11 e 12 de setembro. Namentres que en Tui serán o 11, 12 e 18 de setembro en horario de mañá (12,00 horas) e polas tardes á colección de Sambenitos (19,00 horas).

 

  • A música tamén estará presente cun concerto titulado “Música de Sefarad” a cargo de Paco Diéz, músico de alongada traxectoria na recuperación de música tradicional e nomeadamente nas tradición xudáicas.

 

  • Este ano no Festival Internacional de Documentais, Play-Doc, que se celebrará na nosa cidade entre o 22 e 26 de setembro se contará cun ciclo retrospectivo de Manfred Kirchheimer coa proxección da película We Were So Beloved - Éramos tan amados (1986) sobre os sobrevivintes xudeus do Holocausto que viven en Washington Heights, Manhattan en Nueva York, etc.

 

Para o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, este amplo programa de actividades arredor do patrimonio xudeu e cripto-xudeu da nosa cidade é una excelente oportunidade para poñer en valor os recursos patrimoniais de Tui e o seu aproveitamento turístico. Estas xornadas teñen como obxectivo mostrar ao público a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural xudeu como parte integrante do patrimonio cultural europeo, que na Eurocidade Tui – Valença atopa unha expresión singular de cooperación e traballo conxunto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí