Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Noite de música transfronteiriza este venres en Tomiño con Ana Laíns e a banda de Goián

O venres 25 de Agosto, ás 22:30 poderase desfrutar da actuación desta grande fadista acompañada pola Agrupación Musical de Goián baixo a dirección de Pedro Villarroel na Praza do Seixo (Tomiño)

O venres 25 de Agosto, ás 22:30 poderase desfrutar da actuación desta grande fadista acompañada pola Agrupación Musical de Goián baixo a dirección de Pedro Villarroel na Praza do Seixo (Tomiño)

Fecha: 25 de Agosto de 2017

Fuente: Agrupación Musical de Goián

A artista portuguesa e a Agrupación Musical de Goián ofrecerán unha noite de música en Tomiño, con temas portugueses e galegos tan coñecidos e emotivos como "O Sacristán de Coimbra", "Lela" ou "Grândola, Vila Morena" de Zeca Afonso. Tamén interpretaremos pezas da súa discografía e outras con arranxos do compositor goianés Andrés Álvarez.

Ana Laíns é unha das maiores intérpretes da música portuguesa dos últimos anos. A súa música abarca varios xéneros como o jazz, a bossa nova, música popular e, especialmente o fado. Foi a vencedora da "Grande noite do Fado de Lisboa" (1999) e conta con dous traballos discográficos en solitario: o primeiro titulado "Sentidos" (2006) e o segundo "Quatro Caminhos" (2010). Este último considerado un dos 10 mellores discos do ano na área de Jazz e World music pola prensa holandesa. A carreira musical de Ana Laíns está cargada de éxitos, actuando en Francia, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, EEUU... Ademais, neste momento está preparando o seu terceiro álbum.

Ao longo deste ano 2017, Ana Laíns ten actuado ou vai facelo en varias cidades portuguesas como Lisboa, Sintra ou no Porto. Recentemente participou na XX edición do Festival Voix Vives en Sète (Francia) e nos próximos meses acudirá a Suíza, Suecia e Holanda.

O venres 25 de Agosto, ás 22:30 poderase desfrutar da actuación desta grande fadista acompañada pola Agrupación Musical de Goián baixo a dirección de Pedro Villarroel na Praza do Seixo (Tomiño). O concerto, que conta coa colaboración do concello, leva por nome "A outra margem do Miño" e fai referencia a amizade entre Galicia e Portugal. Unha amizade que se vai fundir neste evento: dunha "margem" poñen a voz e dende a outra a instrumentación.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones