Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Non se trata de que os nenos e nenas aprendan como nós ensinamos, senón de ser capaces de ensinar como eles e elas aprenden

O docente, escritor e investigador José Antonio Fernández Bravo inaugurou a VII Semana da Educación, que retomou a presencialidade

O docente, escritor e investigador José Antonio Fernández Bravo inaugurou a VII Semana da Educación, que retomou a presencialidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

“Hai que crer no que aprende, ese é o éxito do que ensina”. Así de contundente amosouse o docente, escritor e investigador especializado en Educación e Matemática José Antonio Fernández Bravo na inauguración este luns no auditorio de Goián da VII Semana da Educación de Tomiño, que nesta nova edición volveu á presencialidade baixo o lema ‘TransFORMANDO a sociedade, educando na diversidade’. “É un momento moi emocionante porque significa que imos superando nada máis e nada menos que unha pandemia mundial, porque agardamos volver á normalidade e porque ciencia e coñecemento fixeron unha vez máis que avanzáramos”, salientou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, antes de dar paso a “un conferenciante de excepción, o profesor de matemáticas que todo neno e nena desexaría ter pola súa forma de achegar a materia a través do humor, da diversión, con agarimo... porque como el di, para ensinar matemáticas o primeiro que hai que facer é facer sorrir”.

Premio de Metodoloxía Creativa, autor de máis dun cento de libros sobre Educación e aprendizaxe da matemática e director de proxectos europeos Leonardo de Investigación e Innovación, Fernández Bravo explicou ao público que encheu o auditorio que “a escola non é unha cuestión de espazo, senón de tempos”. “Unha cousa é superar contidos e outra obter coñecemento. É moi importante ensinar dende o cerebro do que aprende. Hoxe xa non se trata de que os nenos e nenas aprendan como nós ensinamos, do que hoxe se trata é que nós sexamos capaces de ensinar como eles e elas aprenden. É tan sinxelo como contar coa outra persoa e para iso temos varias estratexias, como escoitar as experiencias do que aprende. E para escoitar debemos crer en el ou en ela”, explicou.

Durante a xornada, Fernández Bravo animou ao público a reflexionar sobre a importancia de desatar ligaduras e superar costumes de dubidoso acerto na ensinanza porque “como é posible a atención á diversidade sen unha diversidade de atención?”. “Durante toda a educación confundimos as necesidades da persoa que aprende cos desexos da persoa que ensina. Pero a pregunta non é que teñen que memorizar, senón que precisan recordar”, recalcou ao tempo que lamentaba que actualmente “confundimos o procedemento co obxectivo”. “Os obxectivos non soen cambiar, pero si os procedementos e non telo en conta é un erro”, explicou.

Sesión do martes 8

A Semana da Educación continúa este martes 8 de febreiro (19.00 h) coa charla de Maitane Alonso Monasterio, investigadora, co-fundadora de Innovating Alimentary Machines, estudante de medicina e membro do Ranking dos 120 Future Leaders iberoamericanos de LlyC. Con moitos premios ás súas costas, Alonso Monasterio abordará a importancia de pasar da curiosidade á realidade pasando pola educación. Na súa charla ‘1+1≠2’ tratará de responder a que facer cando temos una idea que consideramos que pode ter potencial para crear un impacto positivo na sociedade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí