Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nos próximos días comezarán as obras de acondicionamento dunha ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro

Suporá un investimento de 117 mil euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación

Suporá un investimento de 117 mil euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Marzo de 2021

Fuente: Concello de Tui

Nos próximos días darán comezo as obras de acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista na Veiga do Louro. O Concello de Tui adxudicou as obras por importe de 117.276,09 €, financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación.

A actuación proxectada abranguerá case 1,5 quilómetros dende a intersección coa Ponte Romana até a rotonda situada na PO-404.  Sitúase nunha zona moi transitada e que da acceso tanto a senda Tui-Caldelas coma á praia de Areeiros en Guillarei.

O proxecto a executar consiste no acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista no marxe esquerdo co obxectivo de acondicionar e mellorar a ruta existente. Por unha banda contémplase a substitución do actual bordillo de separación entre a calzada e a zona peonil e ciclista por un elemento continúo e sen aristas vivas. Deste xeito mellorarase a seguridade xa que o actual sistema supón certo risco para os usuarios ao presentar aristas vivas e separación entre pezas.

Por outra parte co obxectivo de mellorar a seguridade vial os pasos de peóns existentes serán substituídos por outros elevados e con iluminación intelixente para facilitar a súa percepción polos vehículos. Amais crearase un novo que facilitará o tránsito cara á praia de Areeiros.  Tamén serán colocados redutores de velocidade.

A actuación a realizar contempla a creación de zonas de descanso e sombra. Para iso incrementarase o número e superficie dos alcorques onde se plantará hedra para aportar sombra.  Crearase un banco de formigón corrido con superficie de ladrillo cerámico de cor vermello.  A zona delimitarase cunha pérgola metálica con iluminación led empotrada nos perfís superiores, para lograr así a iluminación indirecta do lugar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí