Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Novas actividades esta semana na programación de verán 2020 na Guarda

Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á Embarcación Piueiro, música, visitas teatralizadas e probas deportivas compoñen a programación para esta semana.

Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á Embarcación Piueiro, música, visitas teatralizadas e probas deportivas compoñen a programación para esta semana.

Fecha: 22 de Agosto de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do covid-19.
Nesta semana a programación, recollida na Axenda de verán 2020, continúa coas visitas á embarcación O Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán, as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as Visitas polo casco urbano os mércores e xoves de agosto. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com.
Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es

Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que xa colga novamente o cartaz de aforo completo para esta semana.

PROGRAMACIÓN


Venres 21:
Este venres arranca na Praza de Avelino Vicente(As de Copas) o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño. Actividades en horario de 20:00h a 22:00h(ESP).
Este venres ás 21:00h segunda cita de "Música nos Xardíns" co grupo Ded Routines, nun concerto apadriñado polo Galifornia Beat. Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda nace en Camposancos na Guarda, bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard o Big Star, para definir un son realmente persoal...Ás 20:00h e coma previa a este concerto realizarase nas pistas deportivas do Centro Cultural unha exhibición de skate promovida polo Galifornia Beat. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Tamén este venres terá lugar unha nova Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Sábado 22
Este sábado continúa na Praza de Avelino Vicente(As de Copas) o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño. Actividades en horario de mañá de 11:00 h a 14:00 h e pola tarde de 18:30 h a 21:30 h (ESP).
O sábado 22 de agosto a partires das 11:00h o Porto da Guarda acolle o V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica, unha proba deportiva que contará cunha participación aproximada de 10 equipos.
O Castelo de Santa Cruz acolle ás 20:00h o Concerto da Orquesta Clásica de Vigo, sección de corda. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Domingo 23
Nova cita con "Domingos de natureza e auga", ás 10:00h. con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Tamén na xornada deste domingo terá lugar no Castelo de Santa Cruz da Guarda a realización de "Ioga de Verán", o segundo encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver ás 10:30h. Os interesados en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello da Guarda chamando ao 690 928 751 ou contactando en deportes@aguarda.es

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones