Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Novo calendario de Andainas de Primavera 2020 na Guarda

O departamento de Deportes do Concello da Guarda ven de facer público o Calendario de Andainas de Primavera 2020, cun total de 4 propostas a realizar entre o 21 de marzo e o 6 de xuño.

O departamento de Deportes do Concello da Guarda ven de facer público o Calendario de Andainas de Primavera 2020, cun total de 4 propostas a realizar entre o 21 de marzo e o 6 de xuño.

Fecha: 29 de Febrero de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O departamento de Deportes do Concello da Guarda ven de facer público o Calendario de Andainas de Primavera 2020, cun total de 4 propostas a realizar entre o 21 de marzo e o 6 de xuño.

Estas andainas están organizadas conxuntamente pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.

As persoas interesadas en participar poden xa realizar a súa inscrición contactando co Departamento de Deportes do Concello da Guarda no tel. 690 928 751 ou remitindo un enderezo electrónico a deportes@aguarda.es As inscricións estarán abertas ata o 6 de marzo, sendo obrigatorio realizar o pago antes do 13 de marzo.

Información sobre as Andainas de Primavera 2020

ANDAINA 1.- SÁBADO, 21 DE MARZO:
TRILHO DOS PASTORES NA SERRA D'ARGA (PORTUGAL)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 17.00 h.
Prezo: 9 €
Ruta iniciada en San Lourenzo da Montaría que presenta unha espectacular vista panorámica da Serra d'Arga e o val do río Lima. A zona posúe unha gran riqueza no referente á flora, á fauna, á xeoloxía e ao patrimonio, con multiplicidade de cruceiros e igrexas de grande interese cultural.


ANDAINA 2.- SÁBADO, 18 DE ABRIL:
ROTA DA RIBEIRA DO ULLA (TOURO)
Distancia: 12,8 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 18.00 h
Prezo: 10 €
A segunda ruta discorrerá de xeito lineal a a carón do río Ulla, por sendas de pescadores, camiños de carro, grandes bosques, fervenzas e carballeiras.
Atoparemos restos de muíños e ouriceiras abandonadas utilizadas no pasado para recoller os ourizos das castañas e protexelos dos xabaríns, así como as ruínas do Pazo de San Cristovo.


ANDAINA 3.- SÁBADO, 16 DE MAIO:
TRILHO NA PAISAGEM PROTEGIDA DE CORNO DO BICO (PORTUGAL)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 17:00 h.
Prezo: 9 €
Esta ruta discorre polo santuario natural da Paisagem Protegida de Corno do Bico, unha rexión montañosa cunha paisaxe singular de aspecto caótico. Alí atoparemos poboados fortificados, monumentos fúnebres do neolítico e poderemos observar a harmoniosa mistura entre a natureza e a influencia humana.


ANDAINA 4.- SÁBADO, 6 DE XUÑO:
SENDEIRO NATURAL ACIVEIRO-CANDÁN (FORCAREI)
Distancia: 15 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada á Guarda: 18.30 h.
Prezo: 11 €
Ruta circular iniciada no Mosteiro de Aciveiro. A andaina discorre polos arredores do río Lérez, e ascende polas suaves ladeiras da Serra do Candán, pertencentes á Rede Natura 2000. Atoparemos muíños, pontes, cruceiros, bosques e prados mentres camiñaremos polo antigo camiño de carro, rodeados polos remanentes do antigo traballo de cantería da zona.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí