Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NOVO CONCERTO DE MÚSICA ESTE DOMINGO 18 DE MARZO NA CATEDRAL DE TUI

Neste caso se trata do Grupo Vocal -Santa Eulalia- de Mos, dirixido pola tudense Aloia Martínez.

Fecha: 15 de Marzo de 2012

Fuente: www.concellotui.org

Neste caso se trata do Grupo Vocal -Santa Eulalia- de Mos, dirixido pola tudense Aloia Martínez.
A Asociación "Amigos da Catedral de Tui" comunica que o vindeiro domingo 18 de marzo de 2012 ás 19,00 a S. I. Catedral de Tui acollerá un novo concerto de música. Neste caso se trata do Grupo Vocal "Santa Eulalia" de Mos, dirixido pola tudense Aloia Martínez.

O repertorio deste concerto abranguerá unha primeira parte de música sacra e nunha segunda parte interpretarán polifonía dos séculos XX e XXI. Este agrupación musical integrada por máis dunha vintena de voces leva adiante unha interesante progresión e ten participado en numerosos certames e concertos na Península Ibérica.

A súa directora Aloia Martínez Molina (Tui 1978) comezou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Tui. Inicia os seus primeiros pasos na dirección coral da man de Xulio Domínguez (Galicia) e de Javier Busto (Euskadi). Ademais realiza cursos e seminarios con directores de gran prestixio internacional.
Canta na Camerata ad Libitum, dirixida por Xulio Domínguez, desde 1994, formando parte actualmente do Grupo Camerata Vogal Galega e do coro feminino Vivace, ambos os pertencentes á Camerata ad Libitum.

Dirixe o Grupo Vocal Santa Eulalia de Mos desde 2002 co que participou en diferentes certames, ciclos e concertos en Galicia e recentemente en Euskadi.

É diplomada en Educación Musical pola Facultade de Ciencias de Educación de Pontevedra, e Master en Musicoterapia polo Centro de Investigación Musicoterapéutica de Bilbao. Compaxina a súa actividade coral coa docencia de Educación Musical no Colexio Rural Agrupado "A Lagoa", en Salvaterra de Miño.

A "Asociación Amigos da Catedral de Tui" continúa con esta actividade promovendo a revitalización deste templo catedralicio.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones