Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Novo impulso da deputación no asesoramento tic ao sector socioeconómico da provincia coa ampliación do programa smartpeme

O goberno provincial suma máis recursos e inxecta outros 170.000 euros para poñer en marcha novos programas para o turismo, o comercio e o terceiro sector

O goberno provincial suma máis recursos e inxecta outros 170.000 euros para poñer en marcha novos programas para o turismo, o comercio e o terceiro sector

Fecha: 10 de Mayo de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

Co obxectivo de poñer en marcha novos proxectos de Smartpeme destinados a implementar as TIC en novos sectores socioeconómicos, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra da un paso máis no impulso deste programa de asesoramento tecnolóxico ás pemes e persoas emprendedoras e autónomas, coa ampliación do contrato de xestión en case 170.000 euros

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, detallou que "estes novos programas de implantación das TIC están dirixidos ao terceiro sector, ao turismo, tanto ao persoal técnico como ao sector, e tamén ao comercio minorista. Son moi potentes, engadiu, porque son sectores que van a precisar de ter instrumentos TIC que, nestes tempos, son unha ferramenta clave para poder reactivar a actividade económica, manter os empregos e seguir xerando beneficios". Sobre a iniciativa destinada ao terceiro sector, Carmela Silva subliñou a súa importancia xa que "é o sector económico que permite que a xente máis vulnerable e a xente que está fóra do mercado laboral, por todo tipo de condicionamentos, poida ter vías de emprego, de xerar actividade e, en definitiva, ter dignidade de vida".

Ao través desta nova inxección económica, vai desenvolverse unha carteira de servizos dirixida a entidades deste terceiro sector, impulsarase unha carteira de servizos para o comercio minorista e levaranse a cabo accións de asesoramento e de impulso ao turismo, destinado a persoal técnico dos concellos e persoal do sector. Tamén no turismo, impulsaranse, entre outras accións, novas accións entorno a Turistic, levando a cabo un novo evento Hackathon, neste caso online.


A presidenta da Deputación tamén adiantou que a mediados de maio porase en marcha un novo proxecto de asesoramento particular e permanente sobre as axudas que están en vigor tanto a nivel estatal como a nivel autonómico, destinado a pemes e persoas autónomas. "Falamos dun servizo de información práctica que permita responder ás súas dúbidas. Hai tantas axudas de diferentes administracións, tantos decretos e tantas normativas que moitas destas pequenas e medianas empresas non poden resolvelas ao non ter a capacidade para pagar a unha xestoría ou a unha consultaría", dixo Silva.

Este servizo, que se activará desde o departamento de Emprego da Deputación e desde a Rede SmartPeme, analizará todas as novidades que afecten a persoas autónomas e pemes para poder facilitar este programa de asesoramento e información práctica. "Somos plenamente conscientes de que hai xente moi preocupada e con moitas dúbidas e por iso vamos a traballar para activalo o antes posible", rematou a presidenta.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones