Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NUEVA CIFRA ESTIMADA DE 1850 HECTÁREAS QUEIMADAS NO INCENDIO #IFBURGUEIRAOIA

O lume está estabilizado con algúns focos dispersos en O Folón e Acevedo

Fecha: 28 de Agosto de 2013

Fuente: Infomiño.com

 VIDEO 28 DE AGOSTO - MEDIODÍA

 

 

VIDEO 28 DE AGOSTO - TARDE

 

 

Na xornada do Mércores día 28 de Agosto de 2013, algúns focos dispersos continuaban ardendo no Incendio en zonas de O Rosal e Oia.

Sobre ás 12:40 do mediodía producíase un novo incendio preto do centro do Rosal no Priorato en O Calvario, que foi rápidamente sofocado por membros do UME e un helicóptero, efectivos do GRUMIR de A Guarda tamén se desplazaron ata o lugar, aínda que non foi precisa a súa intervención.

Ó longo da xornada efectivos aéreos e terrestres traballaron en sofocar as lapas de multitude de focos dispersos que se reavivaban en Fornelos, O Folón e Acevedo, onde o fogo chegou moi preto dun pequeno núcleo de poboación.

Continúa estabilizado o incendio forestal iniciado ás 18:45 horas do luns no concello pontevedrés de Oia, parroquia de Burgueira, que afecta tamén ao concello do Rosal. Novas medicións realizadas elevan a superficie afectada a 1.850 hectáreas estimadas. No control deste incendio levan traballado 4 técnicos, 32 axentes, 62 brigadas, 43 motobombas, 11 pas mecánicas, 13 helicópteros e 7 avións. Tamén traballan na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Entre os medios aéreos e terrestres que traballan na extinción destes lumes atópanse os municipais, autonómicos e estatais, coordinados baixo o mando único da Xunta de Galicia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea e Belén Domínguez Carrera

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones