Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O 100% do persoal de produción secunda a primeira xornada de folga en IKF da Guarda

Trátase dun paro indefinido para rexeitar a dobre escala salarial que a empresa quere manter

Trátase dun paro indefinido para rexeitar a dobre escala salarial que a empresa quere manter

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Julio de 2021

Fuente: CIG

Dende a CIG-Construción cualifican de “éxito total” a primeira xornada da folga indefinida
convocada na empresa Imerys Kiln Furniture (IKF) da Guarda para rexeitar a dobre escala salarial
que a dirección quere manter no tempo, o que supón até 5200 euros menos ao ano de diferencia na
mesma categoría laboral. Un nutrido grupo de traballadores/as permaneceron concentrados/as ás
portas da compañía dende primeira hora da mañá.
O 100% do persoal de produción e o 70% do persoal técnico e administrativo secundaron o paro
para amosar o seu rexeitamento á proposta da empresa de manter durante oito anos máis a dobre
escala salarial pactada en 2018 co anterior comité (no actual a CIG ten 4 dos 5 delegados/as).
Segundo este acordo, as persoas que se incorporan a IKF dende ese ano ingresan entre un 25 e un
30% menos de soldo que os seus compañeiros/as da mesma categoría laboral, o que supón uns 5200
euros menos ao ano.
As pretensión da dirección son que nos oito anos de vixencia non se garantiría que o persoal que se
incorporase á empresa dende 2018 ou o que a faga a partir de agora recupere o 100% do salario
establecido no actual pacto de empresa.
Pacto de empresa
Outro dos motivos que levaron á convocatoria de folga ten que ver precisamente coa renovación do
pacto de empresa, que caducou o 31 de decembro de 2020. As partes comezaron a negociar a
renovación en abril, mais o acordo non é posíbel porque non existe consenso na actualización
salarial, xa que a empresa quere aplicar a suba que marca o convenio estatal, cando hai un pacto de
empresa propio.
Ademais, IKF pretende que o 10% de distribución irregular da xornada permitido por lei sexa
obrigatoria para todo persoal de luns a sábado, tanta de mañá como de tarde. Isto traduciríase unha
liberalización dos horarios a disposición da empresa, o que suporía un ataque ao dereito de
conciliación da vida laboral e familiar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí