Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O 15 de novembro comeza o club de lectura feminista Tempo de Mulleres

Impulsado pola concellería de Igualdade coa colaboración da Biblioteca Municipal será dinamizado pola escritora Conchi Regueiro

Impulsado pola concellería de Igualdade coa colaboración da Biblioteca Municipal será dinamizado pola escritora Conchi Regueiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tui

O próximo 15 de novembro o club de lectura Tempo de Mulleres retoma a súa actividade impulsado pola concellería de Igualdade en colaboración coa Biblioteca Municipal e dinamizado pola escritora tudense Conchi Regueiro.

Esta iniciativa vai dirixida a mulleres, ofertándose un máximo de 15 prazas. As persoas interesadas deben inscribirse no correo electrónico  biblioteca@tui.gal  ou no teléfono 617 498 103.

En “Tempo de mulleres” analizaranse obras escritas por mulleres baixo unha atenta lectura e diálogo, analizándoas e falando sobre elas dende unha perspectiva de xénero.

A  encargada de dinamizar este club de lectura será a escritora tudense Conchi Regueiro, autora bilingüe de narrativa para adultos e xuvenil sempre desde unha perspectiva feminista, pero, sobre todo, lectora apaixonada. Ten preto de vinte libros publicados, sobre todo en xénero fantásticos, pero tamén ducias de relatos e varios artigos sobre diversos temas literarios. Entre a súa obra destaca: Tempos agradables (III Premio de novela Mulleres Progresistas); Un marciano neste mundo (finalista do I Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil); La moderna Atenea (finalista dos Premios Ignotus e do premio Guillermo de Barkerville); Historias del Crazy Bar y otros relatos de lo imposible —coescrito con Lola Robles—, ou as novelas breves da saga da revolución do fume (Los espíritus del humo; La refulgencia e Aldith). Ademais, xunto con Lola Robles, foi seleccionadora da antoloxía Visiones 2016, e foi xurado en distintas edicións dos premios Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil.

As participantes reuniranse inicialmente o primeiro martes de mes para comentar e intercambiar opinións sobre un mesmo libro previamente lido, analizando diferentes textos literarios, a súa trama, o seu contido, as súas expresións, os seus personaxes, etc.

Algúns dos libros poderán ser facilitados gratuitamente, en réxime de préstamo, pola Biblioteca Pública Municipal a través da xestión do Concello de Tui e deberán ser devoltos no prazo establecido. No obstante, calquera participante que así o desexe, poderá comprar o libro de lectura seleccionado.

A primeira obra que abrirá esta nova temporada do club de lectura “Tempo de mulleres” o próximo 15 de novembro, ás 19 h no edificio Francisco Sánchez,  será “O club da calceta” de María Reimóndez, obra finalista do Premio Xerais de 2005 e Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí