Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O 2021 preséntase como o ano da consolidación definitiva para o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra

O 2020 pecha con dous novos concellos adheridos -Cañiza e Dozón-, 160 centros de compostaxe comunitaria, 9.500 composteiros individuais xestionados e preto de 23.000 seguimentos realizados

O 2020 pecha con dous novos concellos adheridos -Cañiza e Dozón-, 160 centros de compostaxe comunitaria, 9.500 composteiros individuais xestionados e preto de 23.000 seguimentos realizados

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Enero de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

O ano 2021 preséntase para o Revitaliza como o da consolidación definitiva nos concellos da provincia. Os concellos máis adiantados do plan de compostaxe provincial serán quen de cumprir as esixencias da UE en canto a reciclaxe, xa que en breve chegarán ao 50% dos residuos preparados para reciclar, tendo o tratamento dos biorresiduos un papel ‘chave’ no respecto ao medio ambiente.

 

Segundo os datos que manexa o deputado responsable da área, Uxío Benítez, neste 2020 o programa provincial sumou dous novos concellos, Cañiza e Dozón, ata chegar aos 47. Nestes momentos conta con 160 centros de compostaxe comunitaria (CCC) instalados, 9.500 composteiros individuais (COIN) xestionados e preto de 23.ooo seguimentos realizados polo persoal técnico, ben sexa de maneira presencial ou telefónica durante o confinamento.

 

As cifras poñen de manifesto que se cumpriron os obxectivos marcados para este exercicio que acaba de rematar, posto que as previsións eran que a veciñanza compostase os seus biorresiduos en ata 170 centros  comunitarios e en preto de 7.100 individuais,  según as contas  que facía o persoal técnico provincial a finais de 2019. Como perspectiva de mínimos, para os vindeiros meses a idea é superar os 250 CCC e 13.000 COINS en activo.

Os concellos nos que máis se están a notar os resultados da compostaxe e a súa influencia na reciclaxe do resto das fraccións son os que están a traballar na coñecida como Liña 2: os que recibiron axudas económicas da Deputación para extender o sistema con medios de titularidade municipal. No caso de Vilaboa hai 10 CCC instalados e repartidos 1.134 COIN, o que fai que proporcionalmente sexa unha das que teña maior xestión do seu lixo baseada na compostaxe, coa maioría dos grandes produtores adheridos ao porgrama.

 

En Pontevedra, que xa dispón do seu propio plan (Composta), as cifras en 2021 comezan con 34 CCC instalados, 2.568 COIN e 5.888 visitas de seguimento. No Grove teñen 10 CCC e alcanzan preto de 600 individuais; mentres que en Mondariz e Mondariz Balneario hai xa 12 e 10 CCC, e 814 composteiros individuais e 97, respectivamente. No caso de As Neves os centros comunitarios instalados manteranse nos cinco actuais e os COIN entregados subiron ata os 1.104.

 

Das novas incorporacións de concellos á Liña 2 Poio desistiu finalmente, mais Valga e Tomiño, xunto con A Illa están a dar un pulo importante aos repartos de composteiros en tempo récord. Na Illa tutelaranse un total de 800 COIN e 5 CCC, dos que  xa está un montado; en Tomiño, actualmente xa están distribuídos 903 COIN dun total de 3.000 e están funcionando 11 CCC dun total de 16. Mentres, en Valga están xa distribuídos 450 COIN dun total de 1.300 e ten funcionando dous CCC, a metade dos previstos.

 

Colaboración e proxección

A equipa do Revitaliza porá todos os medios ao seu dispor para potenciar os concellos que apostaron pola compostaxe dunha maneira valente. Deste xeito, aínda que se continuará asistindo aos municipios que están en fase de concienciación (con centros de compostaxe illados) apostarase por salvagardar as necesidades dos concellos en liña 2 que buscan xestionar de maneira global os residuos baseando a súa estratexia na compostaxe. Tamén se prevé buscar unha maior implicación de entidades e produtores rurais co fin de seguir o modelo austríaco, que defende que os residuos municipais sexan tratados en plantas con colaboración de empresas de gandeiría, vinícolas ou doutro tipo.

 

Por outra banda, o Revitaliza continuará no 2021 coa súa proxección internacional, de forma que manterá a colaboración existente coa Illa de Príncipe, con novas illas africanas, así como tamén con outras administracións e organismos estatais, xa ben para replicar o modelo pontevedrés, ou para colaborar na posta en marcha de nova normativa aplicable, como é o caso do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí