Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O AECT miño considera -insuficientes- as medidas de apertura da fronteira con Portugal e incrementará as protestas

O vicedirector Uxío Benítez anuncia unha reunión urxente dos concellos miñotos para o vindeiro luns na que se decidirán novas medidas de presión

O vicedirector Uxío Benítez anuncia unha reunión urxente dos concellos miñotos para o vindeiro luns na que se decidirán novas medidas de presión

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Febrero de 2021

Fuente: AECT Rio Minho

Os 26 municipios pontevedreses e portugueses o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Río Miño veñen de convocar para este luns unha nova reunión con carácter urxente para analizar o que clasifican de “total e persistente descoñecemento” dos gobernos centrais de Madrid e Lisboa sobre a realidade do territorio miñoto, o de maior circulación de toda a fronteira ibérica. A intención do encontro, segundo apunta o vicedirector Uxío Benítez, é avanzar con novas accións de protesta en prol da defensa dos intereses das traballadoras e dos traballadores transfronteirizos e de transportes de mercadorías, así como das moitas empresas afectadas “polo calvario  diario de  afunilamento  no paso de Tui-Valença”.

Este encontro entre os alcaldes e alcaldesas do AECT Río Miño xorde tras publicación do despacho polo Ministerio da Administración Interna do Goberno de Portugal que mantén a Ponte Internacional de Tui-Valença como o único punto de paso autorizado durante 24 horas, coa novidade da apertura parcial da ponte Arbo-Melgaço, tres horas no período da mañá e tres horas no período da tarde, ampliando ese mesmo horario parcial en  Salvaterra- Monção.

As e os mandatarios de ambas as marxes do río Miño asumen de maneira unánime as dificultades froito da pandemia  Covid-19 e a necesidade dunha actuación eficaz para o seu combate. Sen embargo, subliñan que a apertura de todos os pasos “en nada contradi o obxectivo de  salvaguardar a saúde pública”.

“Este cambio nos pasos autorizados polo despacho é ‘lanzar area aos ollos’ dos alcaldes e alcaldesas e das súas poboacións, pois non satisfai en absoluto as pretensións anteriormente expostas, alén de manter o  calvário de  afunilamento de tránsito en  Valença-Tui e de reiterar a  indisponibilidade do Goberno de soportar os custos de máis puntos de paso autorizados controlados, querendo traspor para os traballadores grande parte desa carga”, subliña Benítez, que engade que só se pretende facilitar o tránsito ás persoas autorizadas.

Benítez destacou que non hai razóns obxectivas para non abrir todos os pasos “senón só razóns cicateiras que toman gobernos dende a lonxanía e sen coñecemento”, polo que pediu un “esforzo superior” a Madrid e a Lisboa tanto en comprensión da realidade da fronteira miñota como á hora de dotar de medios os controis dos puntos de pasaxe autorizada.

Neste sentido, lembrou que a ponte de Tomiño-Vila Nova de Cerveira -que polo de agora permanecerá pechada tralos últimos cambios- é a 5ª con máis movemento de vehículos das 64 de toda a raia entre España e Portugal. Citou que nas inmediacións deste viaduto sitúase o parque empresarial de Cerveira, con 4.300 persoas traballadoras das que máis dun milleiro son galegas. “Hai unha relación comercial umbilical entre unha e outra beira. Tui-Valença está a 16 quilómetros e A Guarda a 27 quilómetros. O paso a través da ponte da Amizade recurtaría as distancias acumuladas que todo o persoal laboral ten que percorrer de maneira obrigada”, subliñou. 

“Non abrir todos os pasos é un castigo para exercer a súa actividade laboral aos milleiros de traballadores e traballadoras que son considerados esenciais para a dinámica económica de ambos países”, insistiu o nacionalista, que destacou que a situación está a crear unha “enorme preocupación e inquietude tanto nos alcaldes, alcaldesas e presidentes de cámara como nos empresarios da zona e no transporte de mercadorías”.

Apuntou que tras coñecerse a decisión do Ministerio da Administración Interna de Portugal, os municipios de fronteira xa recibiron un importante  emails de traballadoras e traballadores transfronteirizos e de empresarios de grandes empresas “para compartir o relatorio da súa situación, desgastado e  aflitivo a nivel persoal, económico e profesional por ter que percorrer decenas de quilómetros de rodeos”.

“Unha vez máis, as poboacións da  raia  miñota están a ser tratadas como o ‘parente pobre’ polos Gobernos de Portugal e España”, finalizou Benítez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí