Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O AECT Rio Minho alerta dun -efecto espantada- da fronteira miñota

O vicedirector Uxío Benítez lamenta a confusión xeralizada polo goberno portugués, que aínda agora non aclara oficialmente a situación para a cidadanía ante a próxima ponte

O vicedirector Uxío Benítez lamenta a confusión xeralizada polo goberno portugués, que aínda agora non aclara oficialmente a situación para a cidadanía ante a próxima ponte

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Diciembre de 2021

Fuente: AECT Rio Minho

O AECT Rio Minho, da man do seu vicedirector Uxío Benítez, alertou  hoxe dun “efecto espantada” da fronteira do Miño tras os vaivéns de Portugal ao esixir test negativos ás persoas que entren no país luso por estrada. Segundo o nacionalista, a confusión xeralizada pode xerar unha retracción de movemento da cidadanía xeral que terá efectos económicos sobre todo no comercio e na hostalería do territorio miñoto, dous sectores que comezaban a entrar en fase de recuperación, ás portas dunha ponte.

“Non temos dúbidas de que a decisión de Portugal repercutirá para mal economicamente no noso territorio, e temos claro tamén que as medidas simbólicas de esixir o test–de efectivizarse finalmente- non son a solución para a mellora da situación da pandemia”, dixo.

Benítez apuntou que hai aínda moita ambigüidade e inseguridade a pesares dos despachos do Diario da República suavizando os requirimentos para a entrada por vía terrestre para as persoas traballadoras transfronteirizas -que exercen a súa actividade profesional ata 30 quilómetros da fronteira- e dos escritos indicando que  nestes momentos a incidencia da pandemia é de risco intermedio e polo tanto permítese cruzar a fronteira a toda persoa que teña certificado COVID da UE.

O nacionalista solicitou que o Goberno portugués aclare sen ambaxes os termos dos requirimentos para cruzar a raia, xa que afectarán tanto a vida social cotiá da cidadanía e a súa vida laboral. “Hai moitas persoas galegas que tiñan pensado viaxar a Portugal nesta ponte. Estamos a falar dun movemento moi grande de visitantes que probablemente estean a reconsiderar a súa decisión porque non teñen as cousas claras”, salientou.

Todas estas cuestións van ser abordadas hoxe no Consello de Coordinación do AECT, no que moi probablemente se aprobará unha declaración institucional dos concellos e cámaras afectados. Entre algunhas das cuestións que se abordarán estará a esixencia de que se teña en conta aos axentes da realidade local á hora de tomar decisións sobre as fronteiras e a necesaria activación inmediata dunha ‘tarxeta cidadá transfronteiriza’.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí