Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O AECT Rio Minho aproba o plan de accións e orzamento para o 2023 e renova a súa mesa da asemblea

A presidencia da Mesa da Asemblea recaeu no rexedor da Cámara Municipal de Melgaço, Manoel Batista, e a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, foi elixida secretaria do órgano xestor

A presidencia da Mesa da Asemblea recaeu no rexedor da Cámara Municipal de Melgaço, Manoel Batista, e a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, foi elixida secretaria do órgano xestor

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Diciembre de 2022

Fuente: AECT Río Miño

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho) vén de aprobar o seu Plan de Accións e o Orzamento para o ano 2023, unha partida de algo máis de 418.000 euros, segundo anunciou hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez. Así mesmo, a entidade galego portuguesa renovou os cargos da Mesa da Asemblea para o presente mandato, que ten unha duración de catro anos e carácter rotatorio bianual.

Deste xeito, a presidencia da Mesa da Asemblea recaeu no presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manoel Batista Calçada Pombal, mentres que a alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, foi elixida secretaria do órgano xestor, cargos que pasados dous anos se alternarán. Ademais nomeáronse como secretarios suplentes ao alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e ao presidente da Cámara Municipal de Ponte da Barca, Augusto Manuel dos Reis Marinho.

Fondos transfronteirizos para proxectos na fronteira

Segundo informou Uxío Benítez, o 2023 é un ano de transición entre os períodos de programación dos fondos europeos, polo que entre as prioridades do agrupamento para o vindeiro ano está a finalización de proxectos suxeitos a solicitudes aínda presentadas no anterior Interreg e a preparación de solicitudes para o Interreg 2021-2027.  O director do AECT Rio Minho insistiu en que “estes fondos europeos nacen e están pensados para os territorios transfronteirizos e son os proxectos que se crean e xestionan dende aquí os que deben recibilos”, unha reivindicación compartida polas alcaldías do territorio e as presidencias da Deputación de Pontevedra e do CIM Alto Minho.

En 2023, seguirase apostando pola consolidación do traballo en rede fortalecendo as dinámicas locais de cooperación transfronteiriza, destacando entre elas o desenvolvemento das “Axendas Urbanas do Río Miño Transfronteirizo”. Do mesmo xeito, continuará a labor do  “Observatorio de Dinámicas Transfronterizas” e o proceso de planificación estratéxica (“Estratexia Transfronteiriza 2030 Río Miño”), que se levará a cabo en colaboración coa CIM Alto Minho e Deputación de Pontevedra.

O traballo do AECT Rio Minho en materia de preservación e posta en valor territorio pasa pola consolidación da Marca Rio Minho, do anel verde de rutas transfronteirizas e do servizo de préstamo de bicicletas e-bike Rio Minho, proxecto que goza de grande éxito entre a cidadanía de ambas marxes do río. Tamén se dará continuidade ao proceso de identificación de obstáculos á mobilidade e integración transfronteiriza no territorio do río Minho e ao fomento de colaboracións para o deseño de solucións propostas, tras a participación na iniciativa B-Solutions – Boosting Growth da Unión Europea.

Proxecto de colaboración e recoñecemento a Ponte... nas Ondas!

Durante a Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado luns na Casa do Conde de Salvaterra de Miño acordouse ademais por unanimidade un recoñecemento específico á asociación galego-portuguesa Ponte... nas Ondas! pola súa recente inscrición no Rexistro de Boas Prácticas da Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. A organización cultural e pedagóxica leva preto de 30 anos traballando a prol do patrimonio cultural inmaterial do territorio miñoto, acción que ten compartido co organismo de cooperación europea como no desenvolvemento do proxecto “Tesouros Humanos do Río Miño Transfronteirizo”, unha iniciativa de recuperación da memoria cultural galego-portuguesa transfronteiriza que se materializou na creación dun repositorio web (http://smartminho.eu/tesouros-humanos-vivos/) con toda a información recompilada, un documental, unha exposición itinerante, contacontos nas escolas e a edición dun libro infantil.

Precisamente, nesa mesma liña de traballo o AECT Rio Minho e Ponte... nas Ondas! veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Centro do Patrimonio Cultural Inmaterial do Río Miño, unha proposta impulsada polo agrupamento europeo dentro do proxecto Livhes, financiado polo SUDOE, que verá a luz o vindeiro ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí