Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho colabora con 15.000 euros co encontro de tocadores -Entre Margens- a través do proxecto Smart Minho

Grazas a esta axuda o festival ampliará a súa programación musical con 8 concertos, 2 en A Guarda, 3 en Caminha e outros tres a bordo do Ferryboat que une as dúas vilas

Grazas a esta axuda o festival ampliará a súa programación musical con 8 concertos, 2 en A Guarda, 3 en Caminha e outros tres a bordo do Ferryboat que une as dúas vilas

Fecha: 30 de Mayo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Encontro de Tocadores `Entre Margens' ampliará a súa programación musical nesta edición do 2019 que comeza o xoves 31 de maio, grazas a unha colaboración de 15.000 euros do AECT Rio Minho, dentro do marco do proxecto de cooperación transfronteiriza Smart Minho, do que o agrupamento europeo forma parte, xunto coa Deputación de Pontevedra, o CIM Alto Minho e a Fundación Ceer.

A través deste acordo de colaboración o AECT Rio Minho financia ‘Concertos no Río Miño', un total de 8 actuacións, dúas na Guarda, tres en Caminha e outras tres a bordo do Ferryboat que une as dúas vilas completando deste xeito o programa de actividades do festival transfronteirizo, cunha proposta que inclúe parte do mellor folk e música tradicional de Galiza e Portugal.

Nos escenarios dos ‘Concertos no Río Miño' poderemos ver as actuacións de Sérgio Mirra, Pan de Capazo, Segue-me à Capela, Carlos Batista e Roncos do Diabo, así como varios concertos a mans de tocadores e tocadoras de Galiza e Portugal a bordo do Ferryboat Santa Rita de Cassia. Todos os concertos serán de balde.

´Concertos no Río Miño' é unha iniciativa do AECT Río Miño e forma parte da actividade 2 do proxecto Smart Minho. Esta actividade comprende actuacións orientadas á recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial miñoto, a organización de foros culturais entre axentes locais de ambas beiras e a participación en festivais de música transfronterizos. Precisamente, este último punto materialízase neste acordo de colaboración co Encontro de Tocadores Entre Margens xa que este evento musical encaixa á perfección coa filosofía do proxecto e co seu espírito de cooperación.

Son socios de Smart Minho o AECT Rio Minho, a Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho, e a Fundación Centro de Estudios Euro Rexionais Galiza - Norte de Portugal. Smart Minho está está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones