Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho considera -unha grande vitoria do territorio- a decisión de abrir tres novos pasos na fronteira

O director Uxío Benítez destaca que a forza e presión da agrupación europea e dos concellos -fixo ver a Madrid e a Lisboa a realidade transfronteiriza e adoptar solucións-

O director Uxío Benítez destaca que a forza e presión da agrupación europea e dos concellos -fixo ver a Madrid e a Lisboa a realidade transfronteiriza e adoptar solucións-

Fecha: 12 de Junio de 2020

Fuente: AECT Rio Minho

O AECT Rio Minho considerou hoxe "unha grande vitoria do territorio" a decisión dos gobernos españois e portugués de abrir tres novos pasos para traballadores e traballadoras transfronteirizos en Tomiño, Salvaterra e Arbo. Segundo destacou o director da agrupación europea, Uxío Benítez, esta decisión é resultado da presión pública e social liderada polo AECT e os concellos miñotos dun e doutro lado da fronteira. "Conseguimos facer visible en Madrid e Lisboa a realidade transfronteiriza, que dous gobernos de dous estados acordaran unha solución para os traballadores transfronteirizos", destacou.

O nacionalista indicou, así mesmo, a unión de todos os rexedores e rexedoras dos concellos do Miño que, sen diferenciación de siglas políticas, se puxeron de acordo para realizar dúas protestas simbólicas de grande repercusión nas pontes de Tomiño e Salvaterra co fin de poñer en evidencia unha situación "ilóxica e inxusta". Lembrou que dende o inicio do peche de fronteiras se pediu unha maior mobilidade, pero que a petición de apertura de máis pasos foi un "clamor" dende finais de abril, cando alcaldes e alcaldesas asinaron un manifesto pedindo máis puntos de paso autorizados e trasladaron un informe da Universidade de Vigo a todos os niveis da administración central e da Xunta de Galicia.

Neste sentido, Benítez foi especialmente duro co papel xogado polo presidente Núñez Feijóo, "totalmente ausente" ante as reclamacións de concellos e das persoas afectadas. "Houbo unha inacción absoluta. O presidente desentendeuse totalmente da situación deixando nas mans dos concellos toda a reivindicación, a pesares de que debería ter activado a súa figura dentro da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, poñéndose á fronte. Abandonou á súa sorte esta parte do país nun momento de crise moi grave. Nin visitou a zona nin atendeu á nosa demanda de reunión. Iso di moito da importancia que para el teñen as relacións con Portugal", subliñou.

Segundo di o director do AECT, esta medida tiña que ter chegado antes xa que "algúns traballadores e traballadoras se viron obrigados a non seguir nos seus postos". En calquera caso, agradeceu que se tivera "recapacitado" por parte dos gobernos centrais e comprendido o "ilóxico e inxusto" de que un só punto de pasaxe autorizada tivera que asumir o 50% dos tráficos entre Portugal e España. Lembrou, de feito, que dende o peche das fronteiras ata onte 10 de xuño pasaron polo control de Tui-Valença arredor de 260.000 persoas. "Tomar decisións sobre un lugar como a fronteira do Miño a 600 quilómetros terra adentro sen coñecer as súas peculiaridades non é axeitado, mais valoramos o cambio de postura", destacou.

Ademais, Benítez tamén quixo sinalar que a apertura de novos pasos non soluciona o problema do comercio transfronteirizo, xa que a meirande parte dos negocios da fronteira do Miño dependen da poboación e clientela do outro lado, polo que concellos e AECT seguirán coas reivindicacións.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones