Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho creará un foro estable de gastronomía e turismo que reúna ao sector privado e aos axentes públicos para impulsar a marca Rio Minho

Caminha acolleu o venres a I Xornada de Gastronomía do Rio Minho promovida polo proxecto Visit Rio Minho

Caminha acolleu o venres a I Xornada de Gastronomía do Rio Minho promovida polo proxecto Visit Rio Minho

Fecha: 19 de Octubre de 2019

Fuente: AECT Río Minho

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participou hoxe na inauguración da I Xornada de Gastronomía do Rio Minho, celebrada en Caminha, nun acto no que estivo acompañado polo director da Fundación CEER, Valerià Paül; a concelleira de Festas de A Guarda, Elena Baz; e o presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves.

Benítez aproveitou a ocasión para mostrar a súa satisfacción polo éxito do Congreso Turístico que tivo lugar onte en A Guarda e co que se abría este I Encontro de Gastronomía e Turismo do Rio Minho e anunciar "a creación dun foro estable que reúna ás empresas do sector turístico e da gastronomía, e do que tamén formen parte os axentes públicos que estamos traballando día a día polo sector, para que deste modo poidamos camiñar de forma conxunta e coordenada, e cunha estratexia común para impulsar esta marca Rio Minho que ten tanto que ofrecer ao mundo".

O director do AECT Rio Minho salientou que eventos como este I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía son unha oportunidade para "mostrar ao mundo todo o que temos de bo no noso territorio", e reiterou que "ao facelo xuntos e xuntas ofreceremos un produto máis completo". Benítez apuntou que esta era a primeira vez que se celebraba un foro deste tipo con representantes institucionais de unha e outra beira do Miño pero "que con seguridade non sería último". Ademais, fixo fincapé na importancia da presenza e participación no evento de empresas do sector privado como ocorreu na xornada de onte e na de hoxe "que son as que traballan día a día polo noso turismo".

"É necesario que se continúe facendo este tipo de accións e deseñar un camiño cunha estratexia común para ser máis eficientes e competitivos co obxectivo final de atraer máis visitantes", apuntou. O deputado lembrou que o I Encontro de Gastronomía e Turismo do Rio Minho é unha iniciativa que forma parte do proxecto de Cooperación europea Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, "orientado á promoción e preservación do territorio, e que ten por obxectivo "atraer visitantes a esta rexión con accións que xa se están executando nunha e outra beira e coa creación da marca Rio Minho, que temos hoxe aquí".

Ao longo da xornada terán lugar diferentes actividades relacionadas coa gastronomía e a industria vitivinícola. Tras un debate con expertos e expertas de diferentes ámbitos académicos e profesionais o chef Alberto González do restaurante Silabario de Vigo ofrecerá un showcooking con produtos do territorio. Xa pola tarde será a quenda para as degustacións e catas de viños, cervexas e lamprea e microcharlas que ofrecerán unha visión completa da gastronomía a través da antropoloxía, a historia e as actividades no territorio.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones