Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O AECT Rio Minho estrea o servizo de préstamos de bicis transfronteirizas -E-Bike Rio Minho- nas Eurocidades

Representantes da Deputación, CIM, CCDRN e os concellos de Salvaterra-Monçao, Tomiño-Cerveira e Tui-Valença realizarán un percorrido nas bicicletas eléctricas cruzando a ponte de ferro entre Valença e Tui

Representantes da Deputación, CIM, CCDRN e os concellos de Salvaterra-Monçao, Tomiño-Cerveira e Tui-Valença realizarán un percorrido nas bicicletas eléctricas cruzando a ponte de ferro entre Valença e Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Julio de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

O AECT Rio Minho vai estrear este mércores 6 de xullo ás 12 horas o servizo de préstamo de bicicletas eléctricas transfronteirizas ‘E-bike Rio Minho’ que funcionará nas eurocidades de Salvaterra-Monçao, Tomiño-Cerveira e Tui-Valença para fomentar a mobilidade suave e o turismo na ‘raia’.

O ‘bike-sharing’ é unha iniciativa do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial miñoto en beneficio das eurocidades que pretende ser un servizo conxunto transfronteirizo. Trátase dun proxecto icónico e tamén simbólico, xa que supón o primeiro fito de actuación compartida real logo da problemática vivida durante o peche de fronteiras motivado pola pandemia: as bicicletas poderán circular libremente entre un e outro lado da fronteira potenciando tanto a relación entre a veciñanza dunha e outra beira como o turismo activo.

O acto de estrea comezará coa chegada de algunhas bicicletas do servizo das eurocidades de Salvaterra-Monçao e Tomiño Cerveira, que se xuntarán coas existentes en Tui-Valença na estación de comboios de Valença. Dende alí partirá unha comitiva conxunta de bicicletas eléctricas que contará coa participación da presidenta da Deputación Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Uxío Benítez, o presidente da CIM Alto Minho, un representante da CCDRN, o director do AECT Rui Teixeira e as demais alcaldesas e alcaldes das eurocidades.

Todas e todos eles percorrerán nos ciclos eléctricos un pequeno traxecto que cruzará a ponte vella de ferro ata Tui ata chegar ao espazo anexo ao edificio da Aduana, onde se realizará o acto oficial coas intervencións públicas.   As persoas que queiran facer o traxecto de acompañamento poderán facelo nas bicis eléctricas dispoñibles ou nas súas propias, sempre levando o casco propio correspondente.

O proxecto ‘E-bike Rio Minho’ é unha iniciativa piloto pioneira na fronteira ibérica para potenciar a mobilidade suave, é dicir, o uso alternativo aos vehículos a motor, e enmárcase dentro do Plan de Mobilidade Sustentable Transfronteiriza (PMST) promovido pola Deputación de Pontevedra no ámbito do proxecto ‘Estratexia de cooperación intelixente do río transfronteirizo do Miño’ Smart_Miño_ cofinanciado polo Programa Interreg VA.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí