Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O aect rio minho reivindica que abrir pasos na fronteira con portugal para persoas traballadoras -é máis urxente que a apertura xeral para o turismo-

Uxío Benítez insiste en facilitar a mobilidade laboral transfronteiriza incluso só en horarios concretos, mentres agarda comunicación oficial do suposto adianto da data para turistas

Uxío Benítez insiste en facilitar a mobilidade laboral transfronteiriza incluso só en horarios concretos, mentres agarda comunicación oficial do suposto adianto da data para turistas

Fecha: 06 de Junio de 2020

Fuente: AECT Rio Minho

O AECT Rio Minho, a través do seu director Uxío Benítez, reivindicou hoxe novamente que a apertura de pasos na fronteira con Portugal para as persoas traballadoras transfronteirizas "é máis urxente que a apertura xeral para o turismo". O nacionalista foi así de contundente logo do anuncio e corrección por parte do goberno central do adianto da data de autorización de fluxos de turistas vía terrestre entre España e Portugal.

Benítez, que manifestou está á espera dunha confirmación oficial de se se mantén o 1 de xullo ou o 22 de xuño para a libre circulación entre ambos países, destacou que ese anuncio, en calquera caso, non é suficiente para solucionar os problemas que vive a cidadanía da ‘raia'. Destacou que, independentemente de que se adiante ou non para o turismo a data de apertura das fronteiras entre España e Portugal, "a situación máis inxusta é a do persoal laboral transfronteirizo".

"Hai unha serie de traballadores e traballadoras que non poden acceder aos seus postos de traballo, teñen que percorrer distancias quilométricas e iso é prioritario da apertura xeral que se está a valorar por parte dos estados. Iso é máis urxente, atende a unha realidade imperiosa, que é a do rio Miño transfronteirizo, onde hai Eurocidades nas que hai relación comercial, económica e social a ambos lados moi intensa", insistiu.

O director do AECT subliñou que a apertura dos pasos para as e os traballadores debe facerse de maneira inmediata e gradual e, en ningún caso, pode agardar nin ao 22 de xuño nin ao 1 de xullo. Puxo sobre a mesa a posibilidade de que os estados español e portugués habiliten incluso a apertura da fronteira en franxas horarias que faciliten a mobilidade laboral, marcando horas no primeiro momento da mañá, no mediodía e a última hora da tarde.

"Precisamos unha solución inmediata. Traballadoras e traballadores téñense que mover por obriga e estase a cargar sobre eles o custe de non habilitar uns xendarmes e gardas civís por parte do Estado. É unha situación inxusta", insistiu, lembrando que alcaldes e alcaldesas do Alto e Baixo Miño continuarán as mobilizacións se non se dan solucións á situación que se leva reivindicando dende o mes de abril.

En calquera caso, e de confirmarse o adianto da apertura xeral de fronteiras, dende o AECT valórase positivamente porque en certa medida os gobernos percibiron a indignación da fronteira polas protestas realizadas. "Agardamos confirmación oficial", subliñou Benítez.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones