Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho reúnese telematicamente coas alcaldías galego portuguesas

Analizan conxuntamente os efectos da crise do covid-19 sobre o territorio transfronteirizo

Analizan conxuntamente os efectos da crise do covid-19 sobre o territorio transfronteirizo

Fecha: 27 de Abril de 2020

Fuente: AECT Rio Minho

O AECT Rio Minho manterá unha reunión telemática este martes 28 de abril coas alcaldías galegas e portuguesas do territorio transfronteirizo para analizar conxuntamente o impacto socioeconómico do peche de fronteiras provocado pola pandemia do Covid-19, segundo informou o director do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez.

No encontro virtual participará tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o vicedirector do AECT Rio Minho, o portugués Fernando Nogueira, e o equipo asesor encargado de elaborar o traballo de investigación sobre o efecto da crise desencadeada polo coronavirus na fronteira galego portuguesa, "un territorio fortemente interrelacionado con limitacións máis estrictas que as do resto dos territorios estatais e, polo tanto, cunhas consecuencias sociais e económicas máis profundas ás que debemos atender ", lembrou Uxío Benítez.

O estudo, encargado polo AECT Rio Minho e a Deputación de Pontevedra, estase a desenvolver a través de entrevistas telefónicas ou por videoconferencia, con representantes políticos e sociais de todos os concellos do Miño de ambas beiras e a través dun seguimento dos medios de comunicación e das redes sociais.

O traballo facilitará "un primeiro diagnóstico a partir de datos reais e cotexados da actual situación á que se enfronta o territorio e permitirá tomar decisións de modo inmediato con independencia da necesidade de maiores e máis amplios estudos posteriores", aclarou Benítez.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones