Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho traslada aos gobernos españa e portugal unha declaración conxunta con demandas específicas para o restablecemento da normalidade na fronteira

Ademais de solicitar coordinación entre ambos os Estados o texto reclama a apertura de novos pasos fronteirizos como medida inmediata, explicou Uxío Benítez

Ademais de solicitar coordinación entre ambos os Estados o texto reclama a apertura de novos pasos fronteirizos como medida inmediata, explicou Uxío Benítez

Fecha: 01 de Mayo de 2020

Fuente: AECT Rio Minho

O AECT Rio Minho trasladou hoxe aos respectivos gobernos centrais de España e Portugal unha declaración conxunta asinada polos representantes das câmaras municipais e dos concellos do territorio transfronteirizo do río Miño a partir das conclusións da reunión telemática matida entre os e as rexidoras o pasado martes 28 de abril. O documento recolle unha serie de demandas sociais e económicas, algunhas de carácter inmediato, de cara ao proceso de volta á normalidade que se desenvolverá durante as próximas semanas e meses, segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Río Miño, Uxío Benítez.

O documento establece como prioridade a apertura inmediata de novos pasos fronteirizos no territorio para a facilitación do tránsito dos traballadores e traballadoras que deben cruzar cada día o río para acudir aos seus postos de traballo. Así mesmo, solicita "o restablecemento da libre circulación entre países cando rematen os estados de alarma español e portugués, condicionada esta aos controis de saúde necesarios", e "no caso de que se prolongue o control de fronteiras" pide que se valore "a posibilidade de facilitar o paso de residentes entre concellos fronteirizos", explicou Uxío Benítez.

Outra demanda fundamental feita polos gobernos locais é a coordinación entre os Estados español e portugués na posta en marcha das medidas de desescalada, "evitando partir en dous as eurocidades existentes e os territorios transfronteirizos en xeral".

A declaración conxunta destaca tamén a necesidade dunha "avaliación de danos económicos nos sectores máis afectados promovendo propostas de axuda e estudos de viabilidade", e a elaboración de "políticas de apoio coa partipación dos axentes locais e dos actores socioeconómicos do territorio", engadiu Benítez.

"A quebra da actividade produtiva e comercializadora do sector primario, e singularmente da pesca de lamprea e da pesca marítima, deben constituír unha oportunidade para aplicar políticas de conservación e rexeneración dos recursos, que teñan efectos favorables na natureza e na xestión do recurso natural no futuro", inclúe o texto. Neste sentido, os e as rexedoras consideran importante "pactar entre Estados unha dinámica única e coordinada, de conservación e de explotación, en termos de xustiza e de eficacia das políticas sobre o río e os recursos naturais comúns", prosegue a declaración.

Por último, o AECT Río Miño preséntase como o mellor instrumento para propor medidas conxuntas que non produzan desequilibrios entre ambas as beiras do río Miño polo seu coñecemento do terreo e o seu carácter internacional.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones