Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, desafía ao portavoz do BNG local a un debate público sobre o PERI 5

O BNG continúa mentindo e manipulando a cidadanía con informacións sobre as posibilidades do PERI 5 que nada teñen que ver coa realidade

O BNG continúa mentindo e manipulando a cidadanía con informacións sobre as posibilidades do PERI 5 que nada teñen que ver coa realidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O BNG da Guarda minte ao afirmar que se lograrían 15.000 m2 para dotacións públicas ao desenvolver o PERI 5.

Menten ao dicir que ao segregar a finca de Fínola se reduce a superficie para dotacións que se obtén co desenvolvemento do PERI. Todo o contrario, grazas a compra da finca de Fínola, o chan dotacional municipal aumenta en 3000 m2 dado que o concello non perde dereitos sobre o novo ámbito do PERI. Máis aínda, ao actualizar a ficha á lexislación actual aumentan as cesións para dotacións municipais e vivenda protexida.

O BNG foi en contra dos intereses da veciñanza en 2018 ao votar contra a compra da finca de Fínola e agora non queren recoñecer aquel erro e continúan posicionados contra a opción mais favorable para a Guarda: converter unha propiedade municipal nun solar de chan dotacional.

O posicionamento do grupo socialista e do alcalde Antonio Lomba é claro: “mentres gobernemos seguiremos avanzando na modificación puntual que posibilitará, nun tempo breve, adicar a finca de Fínola a cubrir as necesidades da veciñanza. Sería un gran avance para a Guarda poder unir a alameda con Fínola para ampliar a zona de ocio no centro da vila; construír nese espazo un auditorio e un aparcadoiro subterráneo.”

O alcalde pide a confianza da cidadanía nas xestións que se están a facer: “a veciñanza da Guarda merece ter información clara e veráz”. Por este motivo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba reta ao portavoz do BNG, Anxo Baz a un debate público para desmontar as súas afirmacións. A fórmula pode ser a celebración dun pleno extraordinario monográfico ou calquera outra que o portavoz do BNG prefira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí