Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde da Guarda recolle as bandeiras azuis das praias de Area Grande e o Muíño

O Concello da Guarda foi distinguido con dúas bandeiras polas praias de Area Grande e O Muíño e co sendeiro azul, de 5,6 quilómetros, que une ambos areais

O Concello da Guarda foi distinguido con dúas bandeiras polas praias de Area Grande e O Muíño e co sendeiro azul, de 5,6 quilómetros, que une ambos areais

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Junio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, acudiron no día de onte ao acto de entrega das bandeiras azuis e as distincións de sendeiros azuis que tivo lugar na Praia de Bastiagueiro, no Concello de Oleiros (A Coruña).

Ata alí desprazáronse alcaldes e responsables de tódolos concellos recoñecidos pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) coas bandeiras azuis e sendeiros azuis para recoller tales distincións.

Ao acto asistiron o presidente da ADEAC, José Ramón Sánchez Moro, a Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato e o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, actuou de anfitrión nunha xornada adicada a recoñecer os esforzos dos concellos galegos que puxeron a Galicia á cabeza das comunidades con máis bandeiras azuis, cun total de 141 distincións. Destas. 123 foron outorgadas a praias de 38 concellos da nosa xeografía e 18 a portos deportivos. Ademais, a estas súmanselle 21 distincións de sendeiros azuis, 12 centros azuis e dous recoñecementos especiais ás únicas praias que levan acadando a bandeira azul 30 anos consecutivos, a de Bastiagueiro, anfitrioa este pasado mércores e a de Miño, no concello do mesmo nome.

Pola súa parte o Concello da Guarda foi distinguido con dúas bandeiras polas praias de Area Grande e O Muíño e co sendeiro azul, de 5,6 quilómetros, que une ambos areais.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sostibilidade dos areais e das dársenas.

Á vez que se produce isto, o Concello da Guarda está traballando na contratación de socorristas e na limpeza e adecuación dos areais da vila para telos en perfecto estado cara o inminente comezo do verán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones