Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Alcalde da Guarda traslada as demandas da localidade en materia de Sanidade ao Conselleiro

Antonio Lomba tamén lle pediu ao Conselleiro que fose sensible co situación de afastamento do Centro de Saúde da Guarda con Vigo á hora de repoñer persoal sanitario.

Antonio Lomba tamén lle pediu ao Conselleiro que fose sensible co situación de afastamento do Centro de Saúde da Guarda con Vigo á hora de repoñer persoal sanitario.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Abril de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Alcalde da Guarda Antonio Lomba, mantivo este martes unha xuntanza por videoconferencia con responsables da Consellería de Sanidade entre os que se atopaban o Xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente e o Conselleiro de Sanidade, Julio García.

Esta xuntanza era unha demanda recorrente do alcalde para trasladar aos responsables sanitarios o sentir dos traballadores do Centro Sanitario da Guarda e dos veciños e veciñas da guarda en relación á situación da Atención Primaria no municipio.

As principais reclamacións de Antonio Lomba están relacionadas coa cobertura das ausencias de persoal  por motivos de xubilación, baixas, vacacións,  etc. En relación isto solicitou unha cobertura máis completa e estable das vacantes para que os médicos poidan facer un seguimento dos pacientes e melloren as súas condicións de traballo.

Tamén se fixo eco das reclamacións das familias en relación á cobertura da praza de pediatría, a titular da mesma leva 6 meses de baixa cunha cobertura discontinua que dificulta a atención e seguimento dos pacientes. O edil solicitou tamén que se faga todo o posible para que os concursos de traslados non repercutan de forma negativa no cadro de persoal do Centro de Saúde da Guarda.

Así mesmo, Antonio Lomba solicitou que se completase o servizo de enfermeiría que na actualidade non cumpre a paridade co cadro médico.

Antonio Lomba tamén pediulle ao Conselleiro que fose sensible co situación de afastamento do Centro de Saúde da Guarda con Vigo á hora de repoñer persoal sanitario e configurar unha plantilla o máis estable posible.

A xuntanza trancorreu de forma cordial e os responsables de sanidade trasladaron ao alcalde da Guarda a súa consideración respecto á situación de illamento do Centro de Saúde e a intención de mellorar, na medida do posible, o cadro de persoal e de atención primaria na Guarda.

Antonio Lomba pediulle ao Conselleiro que traballara en solucións de futuro para Centros de Saúde coma o da Guarda, para mellorar a Atención Primaria nas zonas rurais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí