Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde recibe a Liliana Benveniste, embaixadora da Red de Juderias - Caminos de Sefarad en Arxentina

Visita a nosa cidade para coñecer o patrimonio xudeu de Tui

Visita a nosa cidade para coñecer o patrimonio xudeu de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta mañá na Casa do Concello de Tui, a Liliana Benveniste, embaixadora da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, que neste días visita a nosa cidade para achegarse ao coñecemento do rico patrimonio xudeu que atesoura Tui e outras localidades de Galicia.

Liliana Benveniste é compositora e interprete de música sefardí, así como está dedicada dende hai anos á investigación e difusión da cultura sefardí, á difusión da lingua, cultura e costumes ligadas a este rico patrimonio cultural. En recoñecemento a este labor foi nomeada Embaixadora da Red de Juderias – Camino de Sefarad en Arxentina coa misión de trasladar a actividade da Red e xerar sinerxías e colaboracións para tender pontes co sefardismo actual. Liliana Benveniste á tamén a creadora do Centro Cultural Sefardí en Buenos Aires, forma parte do grupo de expertos de recuperación do xudeuespañol creado por Israel. Finalmente é a editora, xunto con Marcelo Benveniste, de eSefarad – Noticias del Mundo Sefaradí (www.eSefarad.com.ar) que se compoñe dun sitio web www.eSefarad.com, unha canale de TV “eSefaradTV” para transmisión de eventos en vivo, unha Radio por Internet “Radio Djohá“ e o “Boletín Semanal eSefarad” con distribución de alcance mundial e mais de 13.000 subscritores.

Enrique Cabaleiro agradeceulle a Liliana Benveniste a súa visita á cidade de Tui e o interese mostrado polo patrimonio xudeu que conserva a nosa cidade. Pola súa banda, a música e investigadora sefardí expresou a súa admiración polas pegadas xudías que conserva a cidade de Tui, especialmente a súa colección de “sambenitos” así como polo traballo que na nosa localidade se ven realizando para a promoción deste legado e que agora tamén se divulgará dende as canles que promove tanto en Arxentina como a través dos novos medios de comunicación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones