Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alumnado de infantil e primaria da Guarda acude esta semana a ver a película Valentina

Foi gañadora do Goya á mellor película de animación 2021

Foi gañadora do Goya á mellor película de animación 2021

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Mayo de 2022

Fuente: Concello da Guarda

A protagonista do filme, Valentina, é unha nena con síndrome de down, mais isto non lle impide converter os seus sonos en realidade.

 

Durante a mañá do mércores 4, xoves 5 e venres 6 de maio os centros de ensinanza primaria e infantil da localidade acudirán ao Centro Cultural para ver o filme Valentina, un filme de produción galega que se fixo este ano co Premio Goya ao mellor filme de animación.

 

O filme dirixido por Chelo Loureiro, de produción galega e rodado en galego en versión orixinal, é un canto pola inclusión e a infancia que busca visibilizar e normalizar as discapacidades. Valentina é unha nena que soña con ser trapecista, pero cre que non poderá por ter a síndrome de Down. A súa avoa anímaa sempre a perseverar e a non perder a ilusión. A película conta -en clave fantástica- a maneira en que Valentina aprende, relaciónase, evoluciona. Como todas. Fai unha viaxe que a fai cambiar, non porque experimente unha transformación milagreira, senón porque se coñece mellor a sí mesma. Como todo o mundo. É a historia dunha nena e a súa actitude activa respecto ao que lle pasa, unha nena pola que non hai que sentir compaixón nin unha grande admiración, só empatía.

 

Todolos colexios acudirán a ver a película, mais o pase do xoves 5 de maio ás 12h. acudirán   os alumnos de Educación Especial do Centro San Xerome, xunto co Colexio Manuel Rodríguez Sinde. Os alumnos do centro San Xerome lerán o manifesto pola discapacidade e poderán responder preguntas doutros nenos. Tódolos centros da vila recibiron ademais unhas guías didácticas para poder traballar posteriormente na aula os temas tratados na película, ademais de contar co apoio do Centro San Xerome para complementar os contidos da mesmas.

 

A nivel artístico, a película conta cunha coidada selección artística e un importante traballo de investigación que deron como resultado a delicadeza tanto na factura coma na mensaxe que se desprende da película. Así incorpora na parte técnica e de realización persoas da talla de Emilio Aragón e Nani García  nas composicións musicais ou o ilustrador David Pintor para o deseño das personaxes. Grazas á axuda da Fundación Down España, Fundación ONCE, e varias asociacións autonómicas Down, Valentina contou con dúas incansables actrices de doce anos coa síndrome de Down, Lucía Seren (versión galega) e Josephine Lockhart (versión castelán), para darlle unha voz realista. A co-guionista e tamén actriz na película Lúa Testa, fixo un intenso traballo de dirección para sacar o mellor das artistas noveis.

 

 

FICHA-RESUMO DA ACTIVIDADE

ACTIVIDADE: PROXECCIÓN FILME VALENTINA

LUGAR:  CENTRO CULTURAL A GUARDA

DATA: 4, 5 e 6 de Maio de 2022

HORA: 10:00h. E 12:00h.

ORGANIZA: Concello da Guarda – Concellería de Cultura

PARTICIPAN: CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP A Sangriña, CEIP As Solanas, CPR HH.Carmelitas- San José, CPR PP. Somascos, Escola Unitaria da Gándara

 

MAIS INFORMACIÓN: cultura@aguarda.es, www.valentinafilm.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones