Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O alumnado do CEIP de Rebordáns preparou sobres con plantas medicinais para os peregrinos

Entregáronllas na Oficina de Turismo tamén ao alcalde e ao concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago

Entregáronllas na Oficina de Turismo tamén ao alcalde e ao concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tui

Este martes un grupo de alumnos do CEIP de Rebordáns visitaron a Oficina de Turismo de Tui para entregar unha colección de sobres con plantas medicinais, preparados por eles mesmos, aos peregrinos e peregrinas que visitan a nosa cidade. Alí explicáronlle a súa iniciativa ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e ao concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso. Ambos dirixentes agradeceron o seu traballo e a achega deste material.

Como informa a dirección dese centro escolar: “Todo partiu do proxecto de Horto Escolar deste curso: Plantamos diversas herbas aromáticas e medicinais, regámolas, coidámolas con agarimo e... unha vez recollidas, ocorréusenos clasificalas en sobres para ofrecerllas aos peregrinos e peregrinas, sentíndonos de este modo parte activa deste concello. Nos sobres explicamos as propiedades curativas de cada herba, así coma o obxectivo desta actividade. Escribímolo en galego, castelán e inglés para que a nosa mensaxe chegara a todos.”

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, esta iniciativa escolar pon en valor o traballo colaborativo en relación ás rutas xacobeas, a sensibilización dos escolares en torno a este fenómeno da peregrinación e o seu amplo patrimonio, neste caso natural, relacionado co Camiño de Santiago. Tamén felicitou ao alumnado e profesorado do CEIP de Rebordáns por esta feliz iniciativa.

Pode atoparse máis información sobre este proxecto no enderezo https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipderebordans/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí