Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O alumnado do Obradoiro de emprego da Guarda realiza prácticas e visitas formativas en colaboración con varias entidades e empresas da zona

As actividades que está tendo a oportunidade de realizar o alumnado deste Obradoiro están sendo moitas e moi variadas. O obxectivo é proporcionar experiencias de aprendizaxe significativas e achegar ao alumnado á realidade do mercado laboral

As actividades que está tendo a oportunidade de realizar o alumnado deste Obradoiro están sendo moitas e moi variadas. O obxectivo é proporcionar experiencias de aprendizaxe significativas e achegar ao alumnado á realidade do mercado laboral.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O alumnado da especialidade de 'Promoción turística local e información ao visitante' atópase na actualidade realizando prácticas na exposición “A túa esencia. A Guarda, pobo mariñeiro”, que organiza a Asociación Piueiro e na que teñen a oportunidade de ter contacto directo co público e mellorar as súas competencias profesionais neste eido. Esta especialidade tamén organizou prácticas en visitas guiadas nas que participaron centros como Avelaíña.

As alumnas da especialidade de Atención Sociosanitaria en Institucións desfrutaron de prácticas formativas na Residencia San Telmo de Tui e no servizo de Axuda no Fogar do Concello, así como de visitas formativas á Residencia Santa Tecla da Guarda, e teñen programada unha próxima visita á Asociación Vontade en Tomiño.

O día 21 de xullo terá lugar unha actividade común na que precisamente participarán usuarios/as da Asociación Vontade e que consistirá nunha visita guiada polo noso tramo do Camiño de Santiago, organizada pola especialidade de Turismo e na que tamén prestará apoio o alumnado da especialidade de Sociosanitaria, unindo así as actividades das dúas ramas formativas.

Deste xeito este alumnado pode aproveitar os recursos cos que contamos na comarca para completar a súa formación práctica, achegarse á realidade do mercado de traballo e mellorar as súas competencias profesionais.

Este obradoiro está subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí