Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O audiovisual galego ten novas protagonistas, e unha delas da Guarda

A viguesa Eire Cid e a guardesa Rosalía Quiroga destacan na categoría das webseries nos Premios Mestre Mateo.

A viguesa Eire Cid e a guardesa Rosalía Quiroga destacan na categoría das webseries nos Premios Mestre Mateo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Febrero de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A produtora galega Brava suma un novo fito ao seu traxecto cunha doble nominación nos Premios Mestre Mateo. Pringadas T2 e A Moza que Abortou e o Contou foron seleccionadas como finalistas na categoría de Mellor Serie Web, consolidando así a aposta de Brava por un audiovisual innovador, xuvenil e feminista.

A Moza que Abortou e o Contou, webserie escrita e dirixida por Eire Cid (Vigo, 1991) e Rosalía Quiroga (A Guarda, 1993) recibe por primeira vez a nominación dentro desta categoría. Unha creación dun falso documental, cunha narrativa postmoderna e en formato vertical, que semella como todo é grabado pola irmá pequena da protagonista. Un relato, producido por Brava en 2024, que desata debates, novas revelacións e violencia na cea de Nadal.

Dende o seu nacemento en febreiro de 2024, da man de Cristela Torres (A Illa de Arousa, 1995) e Bea Villar (A Coruña, 1998), Brava apostou pola creación de contido innovador, cunha mirada nova e feminista, centrada en narrativas frescas e en galego. En apenas un ano, a produtora traballou en diversos formatos para plataformas dixitais, curtametraxes, web series e ten varias longametraxes en desenvolvemento. O seu impacto foi recoñecido tanto pola industria como polo público, obtendo respaldo de entidades como a CRTVG, que confiou na súa visión para desenvolver novos contidos para a súa plataforma, AGalega.

"O noso obxectivo sempre foi crear contido para a mocidade, cunha perspectiva propia e na nosa lingua. Ver que os nosos proxectos están sendo recoñecidos é unha motivación enorme", explica Bea Villar, directora de produción de Brava.

Os proxectos Pringadas T2 e A Moza que Abortou e o Contou reflicten a diversidade e a calidade da produción de Brava. Pringadas T2, dirixida por Belén Puime, explora o proceso de maduración de tres compañeiras de piso que afrontan a transición entre a adolescencia e a adultez. Pola súa parte, A Moza que Abortou e o Contou, dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga, narra a historia dunha moza que decide contar a súa familia que abortou durante a cea de Nadal, utilizando un innovador formato de falso documental vertical.

Pringadas T2 pódese ver en AGalega, mentres que A Moza que Abortou e o Contou está en Filmin, onde tamén se atopa a primeira tempada de Pringadas. Este logro de Brava representa un fito para a ficción galega, xa que son as dúas únicas series dirixidas por mulleres en galego que lograron entrar no catálogo da prestixiosa plataforma Filmin.

Brava reafirma así o seu papel na transformación do audiovisual galego, ofrecendo novas voces e narrativas a unha industria en constante evolución.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí