Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AUDITORIO DE GOIÁN ACOLLEU O XIX ENCONTRO DOS POBOS

O festival está organizado polo Grupo de Gaitas e Baile Do Lusco ó Fusco

Fecha: 24 de Julio de 2012

Fuente: concellotomino.com

O festival está organizado polo Grupo de Gaitas e Baile Do Lusco ó Fusco
 
O Concello de Tomiño acolleu este domingo a XIX edición do Encontro dos pobos. O Auditorio de Goián foi o lugar escollido para celebrar este evento que como tódolos anos organiza o Grupo de Gaitas e Baile Do Lusco e Fusco.

Nesta edición participaron tres grupos: Virxe do Alivio de Tomiño, Itxas-Alde de Euskal-Herria e Do lusco ó fusco de A Guarda. O encontro deleitou coas súas actuacións ao público presente que xa puidera escoitar aos grupos na praza de Goián durante a tarde.

Como ven sendo habitual por estas datas o Grupo do Lusco ó fusco organiza o seu encontro con outros grupos de diferentes lugares. Este é un festival folclórico que procura mellorar o coñecemento do folclore propio e doutros lugares e dalo a coñecer mediante o intercambio.

Previamente a actuación, os músicos puideron coñecer o Espazo Fortaleza grazas a unha visita guiada. Deste xeito, tanto os grupos galegos como o de Euskal-Herria puideron tomar contacto co patrimonio tomiñés e descubrir en maior medida o lugar no que ían actuar.

O Concello de Tomiño recibiu aos tres grupos na noite de onte. A Alcaldesa, Sandra González, e a Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, foron as anfitrionas do evento.

A Alcaldesa, na súa intervención, sinalou "a importancia destes encontros para o enriquecemento cultural dos individuos e agradecer aos organizadores o seu traballo xeneroso e desinteresado".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones