O pasado sábado día 10 de xuño o Auditorio Municipal do Rosal acolleu o V Concerto Coral Ecos do Verán, contando coa participación da Coral “San Mateus ” de Grimancelos (Barcelos, Portugal), a Coral Polifónica “Santa María” (As Neves) e os anfitrións do Coro “Ecos do Folón” (Fornelos, O Rosal).

CORAL "SAN MATEUS" DE GRIMANCELOS
(Barcelos, Portugal)

Esta coral é da freguesía de Grimancelos (Barcelos, Portugal) e dende 1979 mantén como principal obxetivo a solemnización da misa dominical e os principáis actos litúrxicos da parroquia. Desde o seu inicio participou en innumerables Encontros de Coros Litúrxicos e participou tamén na solemnización das misas retransmitidas pola RTP, así como a grabación de cassettes editadas pola Revista de Música Sacra de Braga.
A partir de 1992 e tras unha invitación no "1º Encontro de Coros do Miño" este coro tamén comenzou a interpretar música coral profana, participando despois en varios Encontros, en Cantares de Reis, en Encontros de Coros Internacionáis, e innumerables lugares de todo Portugal, destacando a celebración do seu 25º e 30º aniversario.
Tamén forma parte de súa historia a participación en encontros de coros en diversas localidades españolas, mantendo así uns lazos de amizade e colaboración con diversos coros españoles.

Destacar que participaron en dous megaconcertos en Barcelos, colaborando con outros coros no "Grande Concerto de Pascoa MISSA BREVIS de Jacob de Haan" e na celebración dos "500 anos 500 voces" en
Barcelos.
Este coro está formado por xente humilde con gran gusto pola música e esencialmente por cantar, sendo o principal promotor cultural da súa freguesia. Desde 1987 ten como director ó mestre Don Mario Menezes, que coa súa dedicación e empeño ten conseguido manter ata o día de hoxe.
REPERTORIO:
1-NOSSA SENHORA FAZ MEIA
M. Faria
2-MOIRA
Silveira Pais
3-LUIZINHA
Arm.: Branco de Matos
4-O MEU BATEL
Arm.: Ramiro Lopes
5-EL MENÚ
C. Zöllner

CORAL POLIFÓNICA "SANTA MARÍA" (As Neves)
A Coral "Santa María" das Neves foi fundada no 1988 por iniciativa
do Alcalde do Concello naquela época D. Oswaldo Lino González Pereira.
Con un grupo de veciños das Neves e de outras parroquias e pobos cercanos, a coral comena os seus ensaios no mes de febreiro de 1989, reuníndose os seus compoñentes nas últimas horas do día para preparar con gran ledicia un amplo programa musical, que abarca dende música relixiosa ata música folclórica universal.

Despois da súa primeira actuación pública, o 5 de Agosto do ano 1989 nas festas patronais na honra á Virxe das Neves, comenzóu a percorrer musicalmente gran parte da xeografía galega, principalmente a provincia de Pontevedra tendo a ocasión de actuar en Vigo, Hío, O Grove, Ponteareas, Arbo e un largo etc., así como tamén tivo a ocasión de actuar en Portugal, na Casa Galega de Lisboa, en Oporto e en Aveiro.
A Coral Santa María das Neves actuóu en varios programas televisivos, tanto para a TVG como para a TVE, salindo en programas tales como Luar, Galicia Enteira e Desde Galicia para el Mundo.
Ó longo destos anos a coral, participóu en diferentes edicións do Festival de Panxoliñas de Caixanova, e cabe resaltar os concertos realizados no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas e no Vázquez Portomeñe de As Neves, sobre motivos de Zarzuelas.

Na actualidade esta coral está composta por 40 voces mixtas, sendo o seu director dende a súa fundación, o mestre D. Rafael Pérez Dopeso.
REPERTORIO:
1-LELA
Alfonso D. Castelao (Arr.: Rafael P. Dopeso)
2-HOMENAJE A F. REY RIVERO (Selección de Habaneras)
J. I. Ramilo y V. Nogueiras
3-VINO GRIEGO
Udo Jürgens José Vélez (Arr.: Rafael P. Dopeso)
4-MEU AMOR É MARIÑEIRO
Fuxan os Ventos (Arm.: Fátima Gómez)
5-SEMENTEIRA
Fuxan os Ventos (Arr.: Xosé Oliveira)