Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O autocine chega este venres a Tui coa proxección de ?Grease-

As Leilía ofrecerán un concerto conmemorativo do seu 30 aniversario o domingo

As Leilía ofrecerán un concerto conmemorativo do seu 30 aniversario o domingo

Fecha: 21 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tui

Cinema, música e maxia estarán presentes esta semana na programación "Volvemos á rúa" en Tui.

Unha das novidades deste verán é o autocine. A primeira proxección será este venres ás 22.30 h coa película "Grease". Esta mañá abriuse a reserva de entradas, pero debido a un problema técnico tivo que paralizarse e volverá activarse este mércores ás 12 h, co número de prazas que quedan dispoñibles. A reserva realizarase para un coche e até un máximo de catro ocupantes, dos que se deberá facilitar os datos de contacto. O autocine contará cunha pantalla de 150 metros cadrados, emprazada diante da fachada posterior da Área Panorámica, e o son difundirase a través dunha canle de FM, que se deberá sintonizar na radio do coche. "Grease" foi rodada en 1978 baixo a dirección de Randal Kleiser. Está ambientada nos anos 50, e conta a historia de amor entre Danny Zuko e Sandy Olsson.

O domingo ás 22.30 h a rúa Compostela acollerá o concerto "Cantarelas" de Leilía. Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez celebran os seus trinta anos interpretando algúns do seus temas máis emblemáticos con outros menos coñecidos, cun percorrido polas distintas sonoridades do grupo. Poderán asistir ao concerto 300 persoas sentadas e 150 persoas de pé.
Previamente o mércores, ás 21 h, na Praza de San Fernando a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá o seu segundo concerto deste verán baixo a dirección de Eloy Carrera Bernárdez. O aforo está limitado a 100 persoas.

A maxia chegará o xoves, ás 21 h, ao Paseo da Corredoira con Dani García e o seu espectáculo "Don Gelati", do que poderán gozar 100 persoas. Achéganos a un curioso vendedor de xeados, Don Gelati, que chega á praza principal do pobo, pero sofre constantes infortunios co seu carriño que terá que solucionar rapidamente.

As entradas para estes espectáculos poden reservarse de forma gratuíta en enterticket.es até o día do evento ás 12 h, salvo no caso do autocine que volverán activarse o mércores ás 12 h. En cada unha destas citas hai establecido un protocolo COVID19 que se pode consultar en tui.gal.

Amais, o sábado, ás 21h fará un pasarrúas a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos dentro de "Música na rúa".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones