Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O avance nas obras da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e Areas fará necesario un corte de tráfico nocturno entre o xoves e o venres desta semana

O corte, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, comezará ás 10 da noite do xoves 23 e rematará ás 6 da mañá do venres 24

O corte, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, comezará ás 10 da noite do xoves 23 e rematará ás 6 da mañá do venres 24

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Febrero de 2023

Fuente: Xunta de Galicia

  • O corte, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, comezará ás 10 da noite do xoves 23 e rematará ás 6 da mañá do venres 24
  • O obxectivo é a montaxe das vigas metálicas do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, para dar servizo aos ramais da mesma, ao tronco da VAC e á conexión coa N-551
  • Como itinerario alternativo, desde a saída 29, sentido Portugal, usarase a estrada PO-340, incorporándose á N-550 e logo á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa
  • A Xunta progresa na execución da VAC Tui- A Guarda, entre os enlaces da A-55 e Areas, que se prevé poñer en servizo a mediados deste 2023, tras un investimento de 21 M€

O avance na execución das obras do treito da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e de Areas fará necesario un corte de tráfico nocturno, entre o xoves e o venres desta semana entrante.

 

Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo desde as 22:00 horas do xoves 23 e ata as 06:00 horas do venres 24, cando quedará restablecida a circulación.

 

O obxectivo é proceder á montaxe das vigas metálicas do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, para poder dar servizo aos ramais da autovía, ao tronco da VAC e á conexión coa estrada N-551.

 

Para a realización destes traballos en condicións de seguridade e minimizar ao máximo posible a afección ao tráfico, cómpre o corte total de ambas as calzadas da autovía.

 

Co obxectivo de poder dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo, desde a saída 29, sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e posteriormente á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido Porriño, pero á inversa. Este itinerario implica un tempo de percorrido de entre 8 e 10 minutos.

 

A Xunta segue a avanzar nos traballos  de execución da VAC Tui- A Guarda, entre os enlaces da A-55 e Areas, que se prevé poñer en servizo a mediados deste mesmo ano, tras un investimento autonómico de 21 M€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí