Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Baixo Miño incorporará dúas novas mestras e mestres composteiros para atender os centros de compostaxe comunitaria na comarca a partir do día 15

A Deputación acolleu hoxe a selección de destinos deste persoal, que pasa a ser laboral interino nos concellos de A Guarda e Tui e se suma aos de Tomiño e O Rosal

A Deputación acolleu hoxe a selección de destinos deste persoal, que pasa a ser laboral interino nos concellos de A Guarda e Tui e se suma aos de Tomiño e O Rosal

Fecha: 06 de Mayo de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

O Baixo Miño contará con dúas novas mestras e mestres composteiros para atender os centros de compostaxe comunitaria na comarca a partires do vindeiro día 15 de maio. Segundo explicou o deputado Uxío Benítez, este persoal pasará a ser laboral interino nos concellos de A Guarda e Tui, se ben será a propia institución provincial a que, por medio dunha subvención ao abeiro do Plan Revitaliza, fará fronte ao salario íntegro dos oito meses que quedan este ano, e a parte nos dous exercicios seguintes (50% no 2021 e 30% no 2022).

Así, a partir de mediados de mes, ademais de ter o asesoramento e colaboración da equipa provincial do plan de compostaxe, os concellos ‘Revitaliza' da comarca estarán atendidos por persoal propio, xa que O Rosal conta cun técnico ‘adxudicado' na anterior liña de axudas, e Tomiño con dous. Nos primeiros días a previsión é que as e os mestres (MECOS) realicen tarefas de ‘achegamento', para despois realizar un labor moito máis exhaustivo de control ‘in situ', así como de seguimento tamén dos composteiros individuais e promoción da compostaxe en xeral.

Dado que o tratamento de lixo está considerado un servizo esencial, nestes momentos de crise sanitaria están activos todos os centros de compostaxe da provincia dependentes do Revitaliza. Estes son atendidos por un servizo básico de mestras e mestres composteiros da Deputación que realiza os labores de control do proceso así como de mantemento das garantías sanitarias. Durante as semanas do estado de alarma a equipa do Revitaliza ten constatado un aumento moi significativo das achegas de residuos orgánicos nos composteiros. De feito, o nivel de enchido tense duplicado como media e case cuatriplicado nalgúns centros de compostaxe comunitaria.

Segundo lembrou o deputado responsable do Revitaliza Uxío Benítez, para a concesión das subvencións da Deputación aos concellos tivéronse en conta diferentes parámetros. Principalmente, a experiencia acumulada no tratamento dos residuos orgánicos a través da compostaxe tanto nos centros de compostaxe comunitaria (CCC) como a través de composteiros individuais de exterior (COIN), ademais da realización doutras accións destinadas a fomentar a separación en orixe da FORM e a reciclaxe do resto das fraccións. Tamén se valorou a posibilidade de que os concellos teñan posibilidade de acadar o tratamento progresivo da totalidade da fracción orgánica de residuos municipais por medio de composteiros.


No día de hoxe celebrouse a selección de destino dos mestres e mestras baixo a supervisión do deputado, do asesor Carlos Pérez, así como doutro persoal técnico provincial. Os MECOS irán tamén a outros concellos: Illa de Arousa, O Grove e Valga na zona do Salnés; Bueu, Cangas, Vilaboa e a Mancomunidade no Morrazo; Mondariz e As Neves no Condado; Gondomar no Val Miñor; e Poio e Ponte Caldelas na comarca de Pontevedra. Finalmente, ademais, foi preciso seleccionar outra persoa máis para cubrir a baixa do mestre composteiro do Concello de Ponteareas, concedido na anterior subvención da Deputación.


Hai que lembrar que na primeira axuda á contratación de persoal aos concellos adheridos ao plan de compostaxe provincial puxéronse en marcha trece postos técnicos para os concellos de Tomiño (2), Soutomaior, Moaña, O Grove, Illa de Arousa, Cambados, Baiona, Mondariz, Sanxenxo, Ponteareas, As Neves e O Rosal. Todos eles están sufragados económicamente en parte aínda agora pola Deputación.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones